Cultura e arte

Teatro-Cine Salesianos

Enderezo: rúa Venezuela, 3
Teléfonos: 619 452 540 - 986 435 140 – 986 227 648
Páxina web: www.cinesalesianos.com
Email: info@cinesalesianos.com
  • Aforo: 572 en patio de butacas, 4 para minusválidos en patio de butacas e 25 en palco situadas en gradas.

Unha máquina chegada de París cun fonógrafo proxectou, o 18 de xaneiro de 1908, as primeiras imaxes en movemento que se viron no Colexio Salesianos. A chegada do sonoro sería o 23 de novembro de 1941.

No verán de 1949 destinouse a salón de actos parte da planta baixa dunha das construcións situadas onde actualmente está a rúa Venezuela, sendo este salón de actos para uso interno. En xullo de 1963 un incendio de causas descoñecidas acabou co edificio e co teatro.

Tras o incendio reconstruíronse as partes afectadas da Casa. En xaneiro de 1968 comeza a súa andaina este novo Cine Salesianos, esta vez aberto ao público da cidade. Este cine proxectou a súa última película en abril de 1977, cando se procedeu á demolición do edificio para a construción do novo colexio, cun novo teatro-cine.

En decembro de 1978 ábrense as portas do gran Cine Teatro. Nel tiveron lugar moitísimos festivais de teatro, rock, folk, cine, conferencias, etc. No ano 1998 procedeuse a unha das reformas importantes: ampliouse o escenario, equipouse en iluminación e son, instalouse o DOLBY SR para o cine e unha pantalla nova.

As obras dunha gran remodelación do local inícianse no verán de 2001: cámbianse as butacas (572 butacas), unha nova decoración de sala, un renovado e moderno vestíbulo, servizos hixiénicos novos e accesibilidade para minusválidos. Con este cambio iníciase unha nova etapa e tamén un novo reto na historia deste emblemático local da cidade de Vigo.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100