Patrimonio Histórico
Este estilo de xardinería coincide no seu nacemento co romanticismo, no século XVIII, e valora, en contraste co francés, unha paisaxe minimamente modificada do espazo natural. As liñas e mais as plantacións non veñen impostas por unha ordenación racional. Son xardíns de grandes dimensións, con amplas praderías e árbores de grande tamaño.
Coa excepción da dobre fileira de camelias que comunica coa entrada ao xardín francés e ao pazo, obsérvase neste xardín un exemplo de estilo non simétrico, subxectivo e sentimental, que rexeita as normas cartesianas mais clásicas. O deseño deste xardín é un simple "green" arredor dun estanque central (presidido por unha maqueta a escala do edificio do pazo), salferido de notables especies arbóreas con crecemento libre. As formas naturais de algunhas pequenas árbores, nadas ventureiras, dan conta do dinámico que pode chegar a ser un xardín fóra da concepción formal deste.
Este xardín de planta rectangular se atopa nun plano inferior do xardín francés. Salienta o seu illamento delicado e fermoso, acentuado pola potencia dos muros que o delimitan . No fondo, o grupo de magnolias son a compoñente sombriza e bucólica deste xardín.
As especies máis salientables son:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100