Cultura
Igrexa de estilo románico, aínda que desgraciadamente perdeu gran parte dos seus elementos románicos. Lévase a cabo unha remodelación no último terzo do século XIX sobre o antigo edificio.
O acceso ao interior faise a través dunha triple arcada de medio punto. O pórtico de entrada ten acaroado un cruceiro insertado no muro, con basa de dobre chanzo, fuste circular, capitel e a imaxe do Cristo crucificado. A fachada atópase coroada pola imaxe de Santa Cristina enmarcada nunha fornela. Dentro da igrexa consérvase a figura dun león, a cal formaba parte dun sepulcro medieval.
A fachada atópase coroada pola imaxe de Santa Cristina, obra de Camilo Nogueira Martínez, enmarcada nunha hornacina.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100