Protección Civil
A agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Vigo, naceu no 1982 por mor dos mundiais de fútbol, dos que a cidade foi unha das sedes.
Tres anos máis tarde consolidouse como unha agrupación viva e pioneira en Galicia. Dende entón, paseniñamente, medrou ata chegar na actualidade a se converter en referencia e necesidade cidadá.
Nos últimos anos Protección Civil de Vigo ten un convenio coa agrupación de Maia, en Portugal, eles acoden a Vigo a servizos con gran afluencia (procesións de Semana Santa, día da aviación aérea, etc.) e á súa vez Protección Civil de Vigo vai a Maia a prestar servizos na romaría do peregrino a Fátima, a festa de Maia, xornadas contra incendios, etc.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100