As Illas Cíes

Normativa

Está prohibido:

  • Acampar fóra das instalacións autorizadas.
  • Acender calquera tipo de lume, fogueira ou similar.
  • Permanecer ou transitar con animais domésticos (agás can guía).
  • Tirar ou depositar calquera tipo de lixo fóra dos lugares destinados para tal fin.
  • Matar, capturar, molestar ou ferir os animais silvestres.
  • Utilizar megafonía, ruídos ou volumes de son que poidan alterar a tranquilidade natural do lugar.
  • Arrincar, cortar ou maltratar a vexetación.
  • Acceder á reserva de aves mariñas, sinalizada.
  • A práctica de pesca submariña.
  • Mariscar ou realizar calquera actividade extractiva no litoral das illas, o lago e os primeiros 100m de franxa marítima de protección do parque, cara ao mar (exceptuándose as autorizacións expresas ou actividades profesionais).
  • Permanecer ou transitar con armas, arpóns, fusís submariños ou outros aparellos similares.
  • Instalar pancartas ou anuncios publicitarios.
  • Introducir especies animais ou vexetais non autóctonas.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100