Información
Parroquia costeira,abrangue 5,80 quilómetros cadrados localizados na aba do monte da Madroa. Teis é unha das parroquias máis poboadas con máis de 24.000 habitantes. Por mor da industrialización do século XIX, a zona está completamente integrada xa no centro urbano, mantendo tan só as zonas verdes da Madroa, o alto da Guía e o parque da Riouxa. En Teis localizáronse achados do Neolítico e restos da cultura castrexa.
As primeiras referencias á parroquia remóntanse ó ano 1145. No século XVI sufre as invasións dos barcos do corsario inglés Drake, ó tempo que comezan a implantarse en Teis explotacións pesqueiras, que posteriormente crecerán o se incorporar os industriais cataláns de salazón. No XIX o areal de Guixar alberga fábricas conserveiras e pequenos asteleiros.
No barrio funcionan diversas asociacións de veciños e o Plan Comunitario. O Plan Comunitario foi creado no 1994, coordinando distintos colectivos coa finalidade de rendibilizar os servicios da parroquia e organizar actividades en común.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100