Escudo Concello de Vigo

Igualdade

Noticias de Igualdade

Lista de noticias

Noticias

2023-03-01. O Consello Municipal da Muller celebra o 8M cunha programación para tódalas idades

Foto noticia
A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presentou este mércores en rolda de prensa os actos cos que a cidade conmemora o Día Internacional da Muller, entre os que se inclúe unha visita guiada, un recital de poesía, o Pleno específico da Muller, cine, teatro, música e a entrega do Premio Ernestina Otero a Paz Filgueira. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-12-20. O goberno municipal instala na Alameda un "punto lila" contra as violencias machistas

Foto noticia
O alcalde informou do establecemento este martes na Praza de Compostela dunha caseta para a información, sensibilización e concienciación sobre as diferentes forma de violencia machista. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-11-21. O alcalde avoga pola "valentía de defender a igualdade" ante a mocidade

Foto noticia
O alcalde asistiu este luns, xunto á presidenta da Deputación de Pontevedra, ao acto de peche do programa Gegame, que emprega o videoxogo como ferramenta para promover a igualdade de xénero nos centros educativos. Desenvolveuse durante dous anos entre España, Irlanda, Hungría, Turquía, Romanía e Portugal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-04-18. O Concello destina 91.000 euros para programas de promoción da muller

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local deu luz verde na última reunión ás bases reguladoras da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres durante o exercicio 2022. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-03-01. África González, premio de Igualdade Ernestina Otero 2022

Foto noticia
alcalde deu a coñecer este martes a concesión do galardón, que celebra a súa décima edición, á directora do Centro de Investigacións Biomédicas e catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-02-23. A unanimidade do Pleno declara o 23 de febreiro "Día de Rosalía de Castro no Concello de Vigo"

Foto noticia
A moción do concelleiro non adscrito recibiu o voto favorable de tódolos grupos municipais, de xeito que esta xornada servirá como homenaxe á autora e á súa obra e conformarase tamén como un día de impulso ás actividades de promoción da obra da escritora na cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-11-15. Vigo celebra o 25N baixo o lema "Contra a violencia machista, pacto feminista"

Foto noticia
O alcalde participou este luns na presentación dos actos organizados polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Violencia contra as mulleres. O programa comeza mañá este martes 16 de novembro e remata o vindeiro 3 de decembro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-07-13. O Concello homenaxea a cinco mulleres deportistas viguesas na medianeira de Expostas

Foto noticia
O alcalde e Carmela Silva visitan este martes o mural situado en Mestre Chané número 9, unha obra que forma parte do VII Programa municipal de arte na rúa, que suma xa preto de 150 creacións en toda a cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-06-30. O Concello acorda por unanimidade implantar medidas contra a violencia machista nos eventos do verán

A moción presentada polo grupo mixto recibiu o apoio de toda a Corporación para elaborar e poñer en marcha un protocolo que se active nos meses de verán, dirixido especialmente á mocidade, para que as festas na rúa sexan un espazo de diversión e liberdade no que as mulleres non sintan medo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2021-05-05. O Concello inviste 185.000 euros na cubrición do patio do Ceip Pintor Laxeiro

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local aprobará este xoves a adxudicación da contratación das obras do proxecto para cubrir o patio que se realizan en virtude do convenio asinado entre o goberno municipal e a Deputación de Pontevedra que inclúe tamén o patio do Ceip Balaídos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)