Centro Municipal de Coruxo
Centro inaugurado no mes de abril de 2003.
Destaca deste Centro: a Biblioteca, a potenciación da lectura entre os máis novos e o uso do aula de internet como complemento formativo, con moi boa acollida en todas as idades, pois é a única que hai na parroquia.
Oficina Municipal de Distrito: integrada no propio Centro Municipal, punto de información xeral para todos os veciños e veciñas, especialmente de Coruxo e arredores.
Centro Municipal de Internet (CMI):
- Acceso a internet por banda ancha.
- Computadores de uso libre e gratuíto para conectarse a internet (máximo unha hora ao día).
- Conexión inalámbrica. (WIFI) gratuíta
- É necesario facerse un carné:
- Presentar DNI e unha fotografía.
- Válido para todos os Centros Municipais: préstamo de libros e CMI
- É gratuíto e non necesita renovación.
- Normativa: normas para facilitar o correcto funcionamento dos CMI.
Biblioteca:
- Banco de libros
- Máis de 800 exemplares, adquiridos polo concello e cedidos por Fundacións e particulares.
- Servizo de préstamo de libros e material audiovisual.
- Libros de consulta, prensa, revistas, dicionarios e enciclopedias, literatura variada.
- É necesario un carné de socio, válido para o uso do aula de internet.
- Normativa: normas de funcionamento da biblioteca e servizo de préstamo domiciliario.