Educación
O Servizo Municipal de Educación desenvolve diversos programas de apoio á comunidade escolar nos distintos ámbitos e contidos educativos escolares e non escolares.
Este programa municipal permite realizar viaxes e estadías de 3 semanas de inmersión lingüística en Reino Unido e/ou Irlanda que teñen como obxectivo ofrecer ao alumnado de 3º de ESO dos centros educativos sostidos con fondos públicos da nosa cidade, a oportunidade de mellorar a súa competencia en lingua inglesa en réxime de integración escolar nos High Schools de destino. As prazas deste programa municipal inclúen o importe das viaxes de ida e volta, os custos de aloxamento en familias anfitrioas e manutención en réxime de pensión completa, os gastos derivados do curso intensivo de mellora en lingua inglesa, da organización de actividades extraescolares e de lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida —que se desenvolverán en inglés e guiadas por monitorado bilingüe—, así como o importe dos seguros de viaxe e responsabilidade civil, e do transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado.
Esta iniciativa municipal é unha proposta didáctica innovadora, aberta e adaptada ás distintas idades escolares, que pretende que o alumnado descubra Vigo e as posibilidades que a nosa cidade ofrece, mediante visitas de carácter didáctico ou itinerarios formativos a lugares e centros de interese clave, que permiten coñecer dende o pasado da propia urbe ata a súa puxante actualidade, co propósito de identificarse e implicarse coa cidade de Vigo, e responsabilizarse na súa conservación e mellora.
A finalidade destas bolsas é contribuír a mellorar a competencia e capacitación en linguas estranxeiras (inglés, francés, alemán, italiano, portugués, chinés e xaponés) fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional. As prazas destas becas municipais inclúen o importe das viaxes de ida e volta, os custos de aloxamento durante 2 semanas, os gastos derivados da matrícula e programa formativo do curso intensivo nun centro académico do país de destino, seguro médico e de asistencia na viaxe.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100