Igualdade
Da Violencia pódese saír!
- O primeiro é ser consciente do que te está a pasar, recoñecerte como vítima dos malos tratos e darte conta de que ti non es a culpable nin provocas esta situación.
- Non sintas vergonza de falar da túa situación. Expoñer o teu problema axudarate a liberarte del.
- Busca axuda tanto entre as túas amizades como axuda especializada. Servirache para tomar as decisións necesarias.
- Recorda que no Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller poden asesorarte. É un servizo municipal gratuíto onde podes atopar axuda psicolóxica, xurídica e social e informarte dos pasos a seguir.
- O maltrato sobre a nai ten consecuencias directas sobre os fillos e fillas, que posiblemente normalizarán esta situación e a forma de relacións familiares, perpetuando os malos tratos. Será beneficioso para os teus fillos e fillas sair do ámbito da violencia.
- Podes estar segura de que rachar coa situación de maltrato traerá beneficios para ti e para a túa vida.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100