Información

Parroquias

O Concello de Vigo ten un gran núcleo urbano, no que prima a división administrativa baseada nos barrios. Pero tamén posúe unha importante zona rural, onde a división tradicional en parroquias, formada por aldeas e lugares, segue estando moi viva.

As parroquias do Concello de Vigo son: Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sárdoma, Teis, Valadares e Zamáns.

Bouzas, Coia, Freixeiro, San Paio e San Xoan do Monte non son parroquias administrativas do municipio pero pola súa tradición histórica as nomeamos nesta sección. Velaquí o mapa das parroquias do noso concello:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100