Sanidade e Saúde

Actividades 2011

1. Zona de promoción de hábitos de vida saudable

Para levar a cabo este proxecto o Concello de Vigo dota á Unidade Concello Saudable dun espazo propio no segundo andar xunto ao departamento de Sanidade, que conta cun Licenciado en Educación Física e un Técnico Superior en Dietética e Nutrición Humana, ademais dun equipamento moi completo que permite a medición e rexistro do peso, altura, flexibilidade, índice de masa corporal, entre outros. Esta dotación de medios humanos e materiais están á enteira disposición de calquera cidadán que o precise, sen custo algún e dun xeito totalmente confidencial. Para todos aqueles que o soliciten, poderán asesorarse nos diferentes programas de actividade física, nutrición e loita contra hábitos nocivos, ademais de poder optar a soportes nutricionais e informes das medicións levadas a cabo.

Período de execución: Este espazo está aberto ao público todo o ano, os luns, mércores e venres e de 10 a 14 horas.

2. Programa de "actividade física saudable"

No que se impartirá dúas sesións semanais de unha hora de duración, nos diferentes espazos facilitados por doce Asociacións da cidade. Estas actividades pretenden aportar á poboación as bases para achegarse ó coidado do corpo e a obtención de hábitos saudables. O abano de actividade ofertada ás diferentes asociacións son:

  • Tai Chi: Arte marcial Chinés coñecido polos seus beneficios sobre o sistema articular e como método de meditación e relaxación.
  • Ximnasia de mantenemento: Ximnasia suave a nivel de iniciación que facilita o achegamento da poboación de maior idade aos movementos básicos e necesarios para a vida cotián.
  • Pilates: Método de concienciación corporal que combina o esforzo muscular coa corrección postural.
  • Actividade física saudable: mistura de tareas enfocadas á terceira idade, con exercicios para a mellora da mobilidade articular e o mantemento dun tono muscular axeitado para esa franxa de idade.

As asociacións onde se pode practicar estas actividades son:

  1. Asociación de Veciños de Coruxo
  2. Asociación de Veciños do Calvario
  3. Unión Veciñal, cultural e deportiva de Candeán
  4. Asociación de Veciños Praza da Miñoca
  5. AVCR San Mamede de Zamáns
  6. Asociación de Veciños "O Carballo" de Sárdoma
  7. Asociación de Veciños "A Unión" de Matamá
  8. Asociación de Veciños Pontenova-Freixeiro
  9. Centro Veciñal e cultural de Valladares
  10. Asociación de Veciños de Teis
  11. Sociedade cultural, recreativa e deportiva "Nautilius" de San Andrés de Comesaña
  12. Asociación de Veciños de Lavadores

Período de execución: 1 de Febreiro a 31 de Maio de 2011.

Consultar datas e horarios no Servizo de Atención telefónica ao cidadán 010.

 

3. Elaboración dun mapa da cidade con 8 rutas urbanas

Elaboración dun mapa da cidade con propostas de 8 rutas urbanas de diferente dificultade e que sexan accesibles para o público en xeral. Os mapas recollen información gráfica cos perfís das rutas, as distancias en cada unha delas, a fórmula para o cálculo das calorías aproximadas, os niveis de intensidade e dificultade, e a descripción de cada ruta. O obxectivo da elaboración destas rutas é dotar de información a todos os vigueses para que poidan levar a cabo exercicio regular dentro do seu entorno e na súa vida cotiá. Fomentar a execución en grupo destas rutas é outro dos obxectivos plantexados. Estes mapas poden descargarse en soporte informático dende esta páxina.

Rutas urbanas saudables: (Descargar en pdf)

  • Ruta 1: Náutico. 6.900 metros. Dificultade media.
  • Ruta 2: Bouzas. 6.150 metros. Dificultade media.
  • Ruta 3: Castelao. 5.200 metros. Dificultade media-baixa.
  • Ruta 4: Praza de España. 4.500 metros. Dificultade baixa.
  • Ruta 5: Oliveira. 4.100 metros. Dificultade baixa.
  • Ruta 6: Sereo. 5.550 metros. Dificultade media.
  • Ruta 7: Teis. 3.450 metros. Dificultade baixa.
  • Ruta 8: Calvario. 3.550 metros. Dificultade baixa.

Período de execución: todo o ano.

4. Programa de medicións de parámetros saudables

Programa gratuito que pon o seu punto de mira na poboación de maior idade do noso municipio. Para iso cóntase cunha unidade móvil que desplazará a cada Asociación que o solicite todo o equipo necesario para medir a altura, peso, tensión arterial, Índice de Masa Corporal (IMC), metabolismo basal, niveis de graxa e niveis de auga corporal. Unha vez recollidos estes datos e sumados aos que facilita o propio paciente (si é fumador ou non, índices de Colesterol, etc) estímase co software do Plan Saúde o Índice de Risco Cardiovascular e infórmase ao cidadán das recomendacións principais en materia de nutrición e actividade física, ademáis de derivalo ao seu médico de familia no caso de detectar algún parámetro fora dos niveis recomendables.

Todas as Asociacións de Veciños que desexen realizar as medicións deberán porse en contacto co persoal da Unidade Saudable a fin de reservar as datas e horas necesarias.

Unidade Saudable do Concello de Vigo: a través do Servicio de Atención Ao Cidadán 010 ou na extensión 1442 do Concello.

Período de execución: Martes e xoves durante todo o ano.

5. Programa de Terapia Asistida con cans en asociacións ou entidades

O primeiro paso deste programa deuse no pasado mes de setembro de 2.010 coa selección das dúas cadelas “MAMI” e “GIDA” na Asociación Protectora de Animáis e Plantas de Vigo, escolléndoas entre varias candidatas polas súas capacidades para o adestramento específico. Durante estes cinco meses o técnico responsable da terapia -Juan Freire do centro Ramalladas- levou a cabo un extenso programa de técnicas de adaptación e adestramento coas dúas cadelas, preparándoas para o seu futuro “traballo” cos máis pequenos.

Plan saude

Os receptores da Terapia Asistida son menores do municipio de Vigo con discapacidade intelectual, con necesidades persistentes de apoio en algunha ou todas as áreas de habilidades de adaptación, destacando entre outras, a comunicación, o autocuidado, as habilidades sociais, contidos escolares funcionais, ocio e tempo de lecer, etc. Poderán tratarse por tanto con esta Terapia para os máis pequenos, o déficit de atención con hiperactividade, trastornos do estado de ánimo, autismo, deficiencias sensoriais, entre outras.

No mes de febreiro comenzan as primeiras visitas con menores que presentan déficit de atención con hiperactividade, e incorporándose “MAMI” e “GIDA” ao equipo técnico do Plan Saúde. Entre as tarefas que levarán a cabo na súa “xornada laboral” están as seguintes:

  • Cohesión de grupo
  • Favorecer a comunicación social
  • Favorecer a expresión de emocións
  • Estimular a capacidade relacional
  • Disminuir as conductas disruptivas
  • Evitar o aillamento social coas cadelas de terapia como dinamizadoras
  • Favorecer a toma de decisións

As asociacións interesedas en recibir esta terapia deben porse en contacto coa Unidade Saudable do Concello de Vigo: a través do Servicio de Atención Ao Cidadán 010 ou na extensión 1442 do Concello.

Período de execución: Todo o ano.

6. Charlas sobre nutrición nas Asociacións de Veciños.

A Concellería pon á disposición das Asociación ou diferentes entidades que o soliciten ao persoal da Unidade Concello Saudable para impartir unha charla sobre hábitos de vida saudables, adaptando os contidos ás necesidades que demande a asociación ou entidade que o solicite (por exemplo menús especiais para o Nadal, hábitos nutricionais na diabete, etc).

As entidades interesadas nestas charlas deben porse en contacto coa Unidade Saudable do Concello de Vigo: a través do Servicio de Atención Ao Cidadán 010 ou na extensión 1442 do Concello.

Período de execución: Todo o ano.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100