Onde depositar o lixo doméstico
Deposítanse nos colectores de cor verde de 2.400 litros.
Que podo depositar
Nestes colectores podemos depositar todos os residuos domésticos orgánicos e de rexeitamento.
- SI: restos de verduras, froita, peixe, carne e ósos, pousos de café, restos de infusións, comida sólida en mal estado, restos de flores e plantas, "serrín" de madeira natural, cascas de froitos secos, ovos e marisco, tapóns de cortiza, papel de cociña, servilletas de papel usadas, cabichas, comprimidas, cueiros, po de varrer, papel transparente, algodón, bolígrafos, lapis usados…
- NON: residuos que poidan ser reutilizados, reciclados ou contaminantes.
- MELLOR: Cando haxa un contenedor marrón consulte a páxina residuos orgánicos (FORM)
Como colaborar
- A bolsa dos restos orgánicos ten que estar ben pechada para evitar malos cheiros.
- Nunca abandones as bolsas á beira dos colectores.
- Procura non tirar líquidos.
- Recorda que hai un horario de depósito de restos orgánicos nos colectores da rúa.
Onde levan estes residuos
- Estes residuos envíanse á Planta de Transferencia de Guixar.