Unha vez que sabe o que é Protección Civil, debe capacitarse para realizar o seu labor, podendo desenvolver as seguintes tarefas ou funcións:
- Participar nas tarefas que as autoridades competentes determinen, segundo as súas afeccións, actividades ou coñecementos.
- Colaborar coa autoprotección cidadá.
- Realizar accións preventivas e informativas.
- Concienciar aos familiares, veciñanza, amigas ou amigos e compañeiras ou compañeiros de traballo, dos riscos que poidan sufrir e das medidas de protección, que en cada caso, deben utilizar.
- Colaborar en lograr a comprensión da poboación da súa contorna e facerlles partícipes en tarefas propias de Protección Civil, transmitíndolles que son suxeitos activos e beneficiarios.