Maiores

Xeral

A Concellaría de Educación e Ordenación Universitaria oferta a posibilidade de cursar os seguintes ensinos:

Ensinos básicos de niveis I e II

  • Nivel I ou de alfabetización: todas as persoas adultas que necesiten adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo.
  • Nivel II ou de consolidación de coñecementos e técnicas instrumentais: persoas sen ningunha titulación que desexen acceder á educación secundaria para persoas adultas, seguir con garantía de éxito cursos de cualificación profesional ou potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política e económica.

Educación Secundaria para persoas adultas (nivel III)

Formación dixigida a todas as persoas adultas maiores de 18 anos, sen ninguna titulación, que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.

Probas libres para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria

Para aquelas persoas que non poidan asistir normalmente á clase teñen a posibilidade de obter o título de graduado en educación secundaria a través de probas libres, as cales se celebran en xuño e setembro e se convocan públicamente a través do D.O.G.

Bachillerato para persoas adultas

Estes ensinos están dirixidos, como norma xeral, a todas as persoas adultas que cumpran os requisitos académicos de acceso. Oferta educativa que se poderá cursar de forma presencial ou a distancia nos institutos de educación secundaria autorizados.

Ciclos formativos para persoas adultas

Esta oferta educativa pretende facilitar ás persoas adultas, que cumpran os requisitos académicos de acceso, a súa actualización, adquirindo coñecementos nunha determinada competencia profesional así como a obtención do título de técnico ou técnico superior cunha oferta flexible.

Aprendizaxe de linguas extranxeiras

"That's English": curso de inglés a distancia, homologado cos estudos das escolas oficiais de idiomas, que capacitará os alumnos que completen un ciclo de tres anos para obter o certificado do ciclo elemental da escola oficial de idiomas.

Para obtener máis información destes cursos consultar:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100