Cultura
O edificio foi feito en dúas fases. Na primeira construíuse a parte do ángulo das rúas Carral e Montero Ríos e, na segunda, en 1904, completouse o edificio coa construción da fronte de Montero Ríos. Nas dúas fases empregouse o mesmo esquema construtivo co que se mantivo a unidade en todo o edificio. O espazo fronte á fachada de Montero Ríos foi declarado praza pública en 1889, e albergou durante moitos anos unha terraza moi concorrida.
As fachadas presentan unha sucesión rítmica de vans con alternancia de balcóns individuais e corridos que remarcan a horizontalidade.
A fronte de Montero Ríos é de cantería, mentres que nas outras fachadas se combina a cantería coa cachotería co que se consegue un menor peso do edificio.
O edificio consérvase igual ca no proxecto inicial e albergou o Hotel Universal, un dos máis coñecidos da cidade durante moitos anos. Este hotel foi adquirido pola cadena AC, que levou a cabo unha remodelación interior para a apertura do actual Hotel AC Palacio Universal.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100