Maiores

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2026-01-20. O servizo de Teleasistencia do Concello atendeu 900 persoas en decembro

Foto noticia
O alcalde deu conta do funcionamento do servizo municipal no último mes de 2025 no que se realizaron 4.820 chamadas ás persoas usuarias e servíronse 112 ceas de Nadal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-14. A primeira comisión de axudas de emerxencia de 2026 aproba apoios por 11.283 euros

Foto noticia
A primeira comisión de axudas de emerxencia de 2026 resolveu favorablemente a concesión de 41 apoios por valor de 11.283 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-13. O Concello organiza novos "Bailes en Vigo" entre xaneiro e marzo

Foto noticia
O alcalde informou este martes da apertura este sábado 17 de xaneiro dun novo ciclo de bailes, abertos a toda a cidadanía e completamente gratuítos, que se van celebrar en diferentes asociacións da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-13. Os maiores de Vigo melloran as súas competencias dixitais cos teléfonos móbiles

Foto noticia
O alcalde participou na entrega de diplomas dos cursos de capacitación dixital e uso do teléfono móbil para persoas maiores de 65 anos. "Seguiremos facendo estes cursos", avanzou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-12. O programa de Coidadores de Barrio realizou 15.385 acompañamentos en 2025

Foto noticia
O alcalde informou este luns sobre este servizo que o Concello presta en toda a cidade: "un éxito extraordinario que seguiremos mantendo". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-09. Os taxistas achegan a 200 persoas maiores a percorrer as luces do Nadal

Foto noticia
Os taxistas da cidade poñen en marcha de novo a iniciativa solidaria que facilita ás persoas maiores o percorrido polo Nadal da cidade. O alcalde achegarase esta tarde á Porta do Sol para saudar aos 200 beneficiarios dunha acción na que participan uns 40 taxis. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-07. O Concello atendeu a 129 personas co dispositivo municipal do frío activado o 18 de decembro

Foto noticia
O dispositivo de frío activado polo Concello desde o xoves 18 de decembro de 2025 ata esta madrugada atendeu a 129 persoas, segundo explicou este mércores o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-02. As axudas de emerxencia do Concello apoiaron a 8.870 personas en 2025 cunha dedicación de máis dun millón de euros

Foto noticia
As axudas de emerxencia aprobadas en 2025 alcanzaron a 8.870 beneficiarios, segundo avanzou este venres o alcalde ao explicar que o Concello destinou 1.079.812 euros a atender as demandas da cidadanía con escasos recursos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-22. O Concello entregará unha cea especial de Noiteboa aos usuarios dos servicios de Teleasistencia e de Axuda no Fogar

Foto noticia
O alcalde avanzou este luns que o ente municipal entregará un menú especial para a cea de Noiteboa nos fogares de todos os usuarios dos servizos municipais de Teleasistencia e de Axuda no Fogar. Tamén revelou a ocupación hoteleira da fin de semana, que se elevou ata o 74%. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-18. Os taxistas aprazan a visita dos maiores ao Nadal ante a previsión das intensas choivas de hoxe

Foto noticia
Abel Caballero anunciou que, ante a previsión de choiva intensa para esta tarde, as 200 persoas maiores que este xoves ían percorrer en taxi de forma gratuíta, as rúas de Vigo para contemplar a iluminación de Nadal farano nos próximos días. "Os taxistas decidiron pospoñer as visitas uns días", indicou ao remarcar que "queremos que as persoas maiores das residencias poidan gozar do Nadal meténdose na árbore da Porta do Sol e ver todo porque é a ilusión\". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100