Limpeza

Recollida domiciliaria de mobles e obxectos

  • Teléfono de Recollida de Mobles e Aveños (obxectos): 900 859 660
  • Horario de información: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Horario de depósito: de luns a venres de 22:00 a 23:00 horas, previa solicitude.

Onde depositalos

  • No teléfono de recollida de aveños, obxectos, indicaranlle o punto máis próximo ao seu domicilio para a súa posterior recollida.
  • Os aveños deixaranse cerca do colector de lixo de 10 a 11 da noite.

Que podo depositar

É moi fácil desfacerse dun moble ou dun traste que non queira. Mediante este servizo de recollida domiciliaria, pomos todas as facilidades para evitar o seu abandono na rúa.

  • SI: utensilios, mobles, trastes, obxectos que queira refugar, instrumentos de medio ou gran volume domésticos, sofás, portas, mobles, cadeiras, caixas e listóns de madeira, persianas ou xoguetes rotos, ...
  • NON: cascallos, sanitarios ou obxectos similares, se se efectuaron obras na vivenda.
  • NIN: vidro nin cristal, o usuario deberá desmontalos da madeira, e polos seus propios medios trasladalos aos diferentes puntos fixos e móviles do Concello de Vigo.

Como colaborar coa recollida

  • Chame ao teléfono de recollida de aveños, onde lle indicarán a forma de deixar os aveños para a súa posterior recollida.
  • Evite depositar os obxectos onde poidan molestar ao tráfico ou aos peóns.
  • Evite depositar os obxectos fose do horario establecido, pois poderían quedar sen retirar.
  • Evite o abandono de mobles e trastes na rúa.
  • Non deposite mobles nin outros utensilios domésticos sen avisar previamente ao servizo de recollida: molestan e poden producir accidentes.
  • Colaborando, se todos participamos, e non deixamos os mobles abandonados, melloraremos a calidade das nosas rúas.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100