Cultura

Sala Artika

Enderezo: Avda. Beiramar 113
Teléfono: 886 165 735 / 667 808 674
Páxina web: www.artikavigo.com
e-mail: info@artikavigo.com
Horario oficina: De luns a venres 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30

Servizos:

  • Sala de ensaios: a sala dispón de múltiples espazos para que as compañías poidan ensaiar seus espectáculos.
  • Escola de interpretación: unha escola multidisciplinar de artes escénicas para diferentes idades. Entre os cursos regulares podes atopar: teatro, danza clásica, danza contemporánea ou danza aérea en telas. Tamén programamos monográficos impartidos por profesionais e con ampla experiencia no sector.
  • Programación de artes escénicas: a sala principal ten un aforo de 150 butacas e un ambigú para espectáculos mais pequenos cun aforo de 80 persoas. Caracterizámonos por unha programación variada e de calidade.
  • Residencias técnicas: orientada ao proceso de creación de contido artístico e ten como aspecto fundamental a investigación ou a posta a punto dos espectáculos na última fase de produción.
  • Campaña escolar: programación de teatro en horario escolar para público infantil (prescolar e primaria) e xuvenil (secundaria).

Ártika abre súas portas en 2014 co obxectivo de achegar aos amantes da arte unha nova visión do teatro e danza. Situados na cidade de Vigo, incorporamos á nosa actividade principal cursos en constante actualización, para que nenos, mozos e adultos poidan achegarse ao mundo teatral e iniciar a súa formación. Ademais dunha sala cómoda e acondicionada para o máximo confort dos asistentes, dispoñemos doutros servizos coma cantina, que funciona durante a semana en horario das clases e durante a fin de semana no horario dos espectáculos. Tamén contamos con camerinos, aseos e un ambigú con escenario para concertos e espectáculos de pequenas dimensións. As nosas instalacións están adaptadas para facilitar o acceso a cadeiras de rodas.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100