Desde o Concello, a través de diferentes servizos organizanse cursos, visitas culturais, programas de vacacións, deportes e se colabora con distintas asociacións de maiores a través de colectivos veciñais e sociais.
- Balnearios: información sobre os programas que se crearon para que poidan disfrutar dos balnearios.
- Centros Cívicos: impártense variedade de cursos, desde informática, ioga, arte floral, bailes, etc.
- Programa de "Avellentamento Activo": ten como obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas maiores ademais de potenciar unha vellez saudable, dinámica, activa e solidaria co resto das xeracións a través de diferentes actividades.
- Escolas Municipais: nas Escolas Municipais hai cursos de baile, teatro e música.
- Viaxes do IMSERSO: o Instituto de Maiores e Servizos Sociais todos os anos organiza distintos tipos
de viaxes con obxecto de que poidan disfrutar dunhas merecidas vacacións.
- Actividades interxeracionales do verán ao aire libre: As actividades, son unha oferta aberta a tódolos vigueses, prestando especial atención ás persoas maiores acompañadas dos seus netos, fillos, amigos etc. A finalidade é ofrecer as persoas unha actividade saudable, e un encontro interxeneracional de danza e taichi.
Poden encontrar máis Actividades (cursos, programas,..) na sección de Igualdade.