O Arquivo municipal, en cumprimento das súas funcións, ofrece os seguintes servizos:
Servizos internos
Dirixidos aos departamentos municipais que inclúe a información, consulta ou préstamo directo de todo documento orixinal custodiado nas instalacións do Arquivo.
Servizos externos
Dirixidos a:
- Outras administracións públicas, mediante consulta, copias e certificacións, daqueles documentos que lles sexan necesarios para o desenvolvemento das súas funcións recoñecidas por lei. Tamén a comunicación dos datos contidos no arquivo que necesiten por motivos históricos, científicos ou culturais.
- Investigadores e estudantes, co fin de contribuír e fomentar a investigación histórica mediante o uso e consulta dos fondos documentais, sen limite temporal e co uso dos medios de información e reprografía dispoñibles.
- Cidadanía en xeral, desde a premisa de que poden consultar calquera documento, excepto aqueles de carácter restrinxido por conter datos persoais ou por cuestións de conservación.
O Arquivo conta con servizo de reprografía para aqueles documentos en formatos A3 ou menores.
As consultas realizaranse, previa solicitude, a través dos seguintes medios: