Augas

Visitas á depuradora do Lagares

Visitas para a Cidadanía á Depuradora de Lagares 2026.

Visitas guiadas todos os MARTES para a Cidadanía, familias, asociacións, colectivos, centros educativos, etc, da nosa cidade, onde coñecerán de primeira man, o ciclo da auga da nosa cidade.
Un interesante percorrido sobre hora e media de duración aproximadamente, para coñecer as instalacións máis punteiras cós diferentes procesos da auga.

Anotándose directamente chamando ao 010.

Horarios:

  • De mañá: Todos os martes de cada mes, de 11:00 a 12:30.
  • De tarde: o último martes de cada mes, de 17:00 a 18:30.

Serán grupos de 25 persoas máximo en cada visita.

Data de inicio martes 13 de xaneiro do 2026.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100