Servizos Sociais
As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
Nelas valóranse as necesidades expostas, orientase aos recursos máis axeitados, intervindo profesionalmente cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
O Concello de Vigo dispón de cinco Centros Municipais de Servizos Sociais (CMSS), nos que se agrupan as dezasete UTS:
CMSS Concello
UTS: Sur
UTS: Casco Vello, O Castro, Centro, Areal e Independencia.
UTS: Castrelos, Coia, Litoral, Balaídos-Comesaña e Industria.
UTS: Cabral-Candeán, Calvario, Lavadores e Rivera Atienza.
UTS: Teis e Travesía.
Para solicitar cita previa na UTS, as persoas deben dirixirse á que lle corresponda segundo o seu enderezo, utilizando o buscador ou consultando as Unidades de Traballo Social no Rueiro.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100