Montes, parques e xardíns

Noticias do servizo

Lista de noticias

Noticias

2026-03-24. O Goberno municipal plantou desde 2007 máis de 35.000 árbores na cidade

Foto noticia
O Concello plantou máis de 35.000 árbores en Vigo desde 2007, segundo destacou hoxe o alcalde ante os alumnos do Escolas Nieto e do CEIP Fonte Escura con quen plantou un magnolio no parque de Barreiro con motivo da conmemoración do "Día da Árbore". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-13. O goberno local suma 240.000 euros á reposición e creación de novas zonas verdes

Foto noticia
O Concello aprobou a contratación de subministro de árbores, arbustos, plantas e especies vexetais para os próximos tres anos, por un valor de 240.000 euros. A previsión, dixo Caballero, é alcanzar 2,3 millóns de metros cadrados de novas zonas verdes nos próximos anos, "Vigo es cada vez máis unha cidade verde". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-04. A Porta do Sol acolle por primeira vez o Concurso Exposición Internacional da Camelia

Foto noticia
O alcalde presentou esta maña a 61 edición do Concurso Exposición Internacional da Camelia e animou a cidadanía a participar nos actos programados para esta fin de semana. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-10-30. O orzamento municipal de Medio Ambiente ascende a 19,3 millóns de euros en 2026

Foto noticia
O alcalde detallou este xoves as partidas dedicadas á área medioambiental, a parques e xardíns para o próximo ano, que experimentan un ascenso de case un 11% respecto a 2025 (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-09-01. O Concello adicará 65 millóns ao mantemento das zonas verdes da cidade os próximos 5 anos

Foto noticia
O goberno local vén de licitar o contrato de conservación das zonas verdes da cidade por un importe anual de preto de 13 millóns de euros. Na mesma Xunta de Goberno tamén se deu luz verde á licitación do mantemento dos parques, áreas de xogo ou mobiliario urbano, neste caso, cun orzamento que ascende a 9,5 millóns de euros para o próximo quinquenio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-08-29. Vigo contará cun novo macroparque infantil

Foto noticia
Abel Caballero explicou esta mañá a aprobación en Xunta de Goberno da reforma da praza Fernando Elorrieta Rey por un importe de 762.925,68 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-08-18. O goberno local investirá 1,5 millóns de euros en melloras de 65 parques infantís de toda a cidade

Foto noticia
O Concello programa obras en 65 dos 160 parques infantís instalados en toda a cidade. Investirá 1,5 millóns de euros nas novas melloras, segundo indicou Abel Caballero. "Estamos a proceder á renovación total de todos os parques infantís de Vigo", afirmou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-08-14. O Concello establece "máxima atención, vixilancia e prevención\" ante os incendios

Foto noticia
O comité asesor do Plan de Emerxencia Municipal, dirixido polo alcalde, reuniuse este xoves para establecer o dispositivo de atención ante o que poida suceder cos lumes pedindo colaboración cidadá \"ante calquera sospeita". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-06-17. A pérgola de Samil transfórmase nunha zona verde de uso cidadá

Foto noticia
O Concello vén de iniciar a obra que supoñerá a demolición da pérgola da praia de Samil, que presentaba deficiencias estruturais, e tamén reparará a pista de patinaxe situada na zona de paseo do areal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-06-02. O rexedor destaca o papel do Nadal de Vigo, convertida na "primeira cidade turística de Galicia"

Foto noticia
No balance de goberno reivindicou o Nadal, así como a Reconquista ? na que se conseguiu a Declaración de Festa de Interese Nacional ? ou os concertos de Castrelos, "cos artistas máis relevantes do panorama actual". O alcalde puxo en valor os premios que recibe a cidade por obras como o HALO ou a nova potabilizadora: "Cada vez que nos presentamos a algo gañamos". Outra gran acción no medioambiente foi a transformación de VigoZoo en VigoNature, unha gran aula de educación ambiental e o traballo para que as Illas Cíes sexan declaradas Xeoparque Mundial da UNESCO. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100