Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mellor servizo.
Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Atopará máis información na nosa Política de Cookies
2023-05-26. O Concello prorroga o contrato da produción técnica dos concertos de Castrelos
A Xunta de Goberno aprobou a prórroga do contrato da produción técnica dos espectáculos e actividades do programa "Vigo en Festas", que inclúe principalmente os concertos de Castrelos. O alcalde tamén deu conta das axudas municipais á contratación para o fomento do emprego. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-04-19. O alcalde participa nunha xornada para conectar empresas viguesas con Polonia
Zona Franca de Vigo acolleu esta mañá a xornada "Oportunidades de negocio no mercado polaco", organizada para poñer en contacto a empresas viguesas interesadas no mercado dese país. O encontro foi inaugurado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero; polo delegado da Zona Franca, David Regades; polo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites; o presidente do Consello da Cámara de Comercio Polaco-Española PHIG, Stefan Bekir Assanowicz; o secretario general de Asime, Enrique Mallón; e a directora xeral da Cámara de Comercio Polaco-Española, Zuzanna Golebiewska. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-04-13. O Boppo publica as bases do Vigo Emprega 2023
Abel Caballero informou da publicación das bases do Programa de Emprego Municipal, dotado con 1,5 millóns de euros, que marca o inicio do procedemento para a contratación de 75 persoas da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-04-12. Comeza o prazo para solicitar as axudas de emprego para entidades sen ánimo de lucro
Desde hoxe e durante dez días as entidades sen ánimo de lucro de Vigo poderán solicitar axudas para contratar persoal. O Concello dedica máis dun millón de euros a unha iniciativa de fomento do emprego que permitirá ofrecer traballo a unhas 200 persoas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-04-04. O Concello aproba as bases do Vigo Emprega 2023
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases para seleccionar as persoas candidatas ao Plan de Emprego Municipal que, cun orzamento de 1,5 millóns de euros, ten como obxectivo facilitar a inserción laboral. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-03-14. O alcalde felicita aos promotores da VII Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais
O alcalde saudou esta mañá aos asistentes á VII Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais que hoxe pecha as súas portas no Auditorio Mar de Vigo. Caballero tivo a oportunidade visitar todos os stands informativos polos que tamén pasaron máis de tres mil estudantes interesados en alternativas educativas para buscar o seu futuro profesional. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-02-20. Concello e Fundamar cooperarán na organización dos campamentos de verán Vigo pesqueiro
O goberno local e a Fundación para a pesca e o marisqueo cooperarán na posta en marcha dos campamentos de verán Vigo pesqueiro. Este mesmo ano, o Concello financiará actividades de conciliación familiar que incluirán obradoiros e visitas a bancos marisqueos, visitas a estaleiros ou obradoiros de cociña. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-02-17. O Nadal impulsou as afiliacións á Seguridade Social a cifras históricas en decembro de 2022
A hostalería e o comercio local foron os sectores nos que máis creceu o emprego durante o pasado mes de decembro. Un informe do Instituto Galego de Estatística revela que as afiliacións á Seguridade Social, con 108.577 inscricións, rexistraron un récord histórico. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-02-16. O alcalde asiste á inauguración dun novo Eroski Center en Portanet
Abel Caballero achegouse esta mañá á inauguración dun novo Eroski Center na rúa Portanet que conta cun cadro de persoal de 54 profesionais e dispón de máis de 2.160 m2. En declaracións durante a visita ás instalacións, o alcalde felicitou á compañía galega de distribución alimentaria pola apertura deste novo supermercado, destacando que servirá para dinamizar a zona e xerar emprego. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-02-14. O Concello adicou 5 millóns á creación directa de emprego durante o ano 2022
O alcalde situou esta mañá en 5 millóns o orzamento destinado á creación directa de emprego durante o pasado ano. Unha cifra á que hai que engadir miles de postos de traballos xerados nas obras que o Concello ten en marcha por toda a cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)