Educación

Consello escolar municipal de Vigo (CEMV)

O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) constitúese como peza básica e fundamental para unha eficaz instrumentalización da participación democrática da comunidade educativa de Vigo e procurará a máis ampla participación social dos protagonistas directos da acción educativa e un alto nivel de interlocución co poder municipal.

O CEMV é o órgano municipal de carácter consultivo e de participación de todos os sectores afectados na programación xeral do ensino e na planificación dos centros escolares no ámbito municipal.

O CEMV, como órgano máximo de participación e consulta na materia educativa no ámbito municipal, terá como fins os seguintes:

  1. Velar pola consecución do acceso de todos os habitantes do municipio de Vigo aos niveis educativos e culturais que permitan a súa realización persoal e socio-laboral, promovendo con esta finalidade cantas accións sexan precisas para acadar a igualdade de oportunidades no ámbito educativo, a compensación educativa e a atención á diversidade.
  2. Fomentar o respecto pola liberdade, a convivencia, a igualdade, a xustiza, o pluralismo e a normalización da lingua galega na comunidade educativa.
  3. Impulsar e incentivar a calidade do ensino en todos os seus aspectos.
  4. Promover a participación real, efectiva e continua da comunidade educativa nos centros escolares.
  5. Ofrecer a máis ampla información sobre a súa actividade e sobre a situación actual do ensino no ámbito municipal.
    Consello escolar municipal de Vigo

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100