Vías e Obras

Licenzas para obras en dominio público

Licenza para arranxo de avarías (Obra menor):

Considéranse obras menores en terreos de dominio público, aquélas de conservación, mantemento e arranxo de avarías, sempre que cumpran as seguintes condicións:

  • Xeométricas
    • No solo: Lonxitude máxima: 6 metros.
    • No subsolo: Ademais, profundidade máxime: 4,5 metros.
  • Temporais: O prazo de execución non poderá superar os 5 días hábiles.

En todo caso, a obra menor, non poderá sobrepasar os 20 metros cadrados.

Acceso ao trámite para facer a solicitude desta licenza

Licenza para realización de cala:

Terán a consideración de calas todas as aperturas de solo ou pavimento que conten coas seguintes características:

  • Xeométricas
    • Anchura máxima: 1,5 metros.
    • Lonxitude máxima: 25 metros.
    • Profundidade máxima: 4,5 metros.
    • No caso de que se sobrepase a anchura máxima e sen sobrepasar os 3 metros, a superficie afectada non superará os 20 metros cadrados.
    • No caso de que afecte á rede viaria, a totalidade do perímetro do preceptivo balizamento non suporá o corte total do tráfico en ningún dos sentidos de circulación permitidos en dita vía.
  • Temporais: O Prazo de execución non poderá superar os 5 días hábiles.

Considérase acometida a obra realizada para levar o servizo dende o final da canalización ata os inmobles.

Acceso ao trámite para facer a solicitude desta licenza

Licenza para gran cala

Terán a consideración de grandes calas todas as aperturas de solo ou pavimento que non tendo carácter linealas as súas dimensións e características superen os máximos establecidos para as calas.

Acceso ao trámite para facer a solicitude desta licenza

Licenza para canalizacións

Terán a consideración de canalizacións todas as aperturas de solo ou pavimento que tendo carácter lineal, as súas características superen os máximos establecidos para as calas. O carácter lineal virá dado polo feito de que a lonxitude da apertura de solo ou pavimento sexa como mínimo dez veces maior que a da súa anchura.

A efectos desta Ordenanza entenderanse incluidas nas canalizacións que afecten á calzada, non só a principal, senón as secundarias que a leven ata o bordo da beirarrúa necesarias para dar servizo a todos os futuros usuarios.

En consecuencia, e a estes efectos, as licenzas para acometidas comprenderán só aquélas que se executen en beirarrúas.

Acceso ao trámite para facer a solicitude desta licenza

Licenza para obras diversas

Consideraranse como tales todas aquélas que afectando ao solo ou subsolo da rede viaria, non podan ser pola súas características, englobadas nalgún dos tipos descritos nos catro puntos anteriores.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100