As Oficinas Municipais de Distritos, están integradas nos Centros Municipais que organizan e dinamizan a actividade nos mesmos.
Constitúen a conexión entre os departamentos do Concello e os colectivos sociais, as entidades persoais e as administracións públicas, un indiscutible dispositivo de acción, de relación directa coa cidadanía.
Localización Oficinas Municipais de Distritos
Intervencións máis comúns nas Oficinas Municipais de Distrito. (OMD)
- Entrega de volantes e consulta do padrón municipal de habitantes.
- Información sobre actividades culturais e lúdicas, de cursos organizados polo concello e polas outras Oficinas Municipias de Distrito. (OMD).
- Colaboración co servizo 010 para a axilización e procura de información telefónica e da organización municipal.
- Exposición en mostrador de folletos variados para repartir aos cidadáns (turísticos, de transporte, de educación, cultura, lecer e entretemento, etc.)
- Información sobre tarefas e horarios de museos municipais, solicitudes para o Auditorium, entradas a concertos de Castrelos, etc. (Marco, Verbum, Liste, Quiñones de León...)
- Divulgación e publicidade de actos e actividades que se fan na parroquia na que se atopa.
- Información de teléfonos de interese: recollida de mobles e electrodomésticos vellos, recollida de animais mortos ou abandonados, queima de restrollos, horario de apertura do servizo 010 e do rexistro municipal, depósito do guindastre, oficina de obxectos perdidos, etc.
- Colocación no taboleiro de anuncios de calquera información de interese ás veciñas e veciños, como poden ser os boletíns das ofertas de emprego público do concello, ou o prazo de cobro de impostos municipais.
- Utilización e divulgación, potenciación, coñecemento e uso das páxinas web do Concello www.vigo.org, e de Participación Cidadá: http://asociacions.vigo.org
- Información sobre emprego. procura en internet de ofertas de emprego publico, orientación sobre as ETT, confección dun currículo, e derivación, mediante cita previa, ao servizo de emprego da 4º andar do Concello.
- Envío por fax de denuncias para a OMIC e outros servizos municipais.
- Entrega e información dos impresos de uso máis común no Concello.