Cultura

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

  • Enderezo: Avenida de Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo
  • Teléfono: 986 267 759
  • Email: bpneiravilas@vigo.org
  • Web: https://bibliotecaneiravilas.vigo.org
  • Horario de inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño):
    • Mañás: de martes a sábado de 10:30 a 14 horas.
    • Tardes: de luns a venres de 17 a 20:30 horas.
  • Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro):
    • Mañás: de martes a sábado de 10:30 a 14 horas.
    • Tardes: de luns a venres de 18 a 20:30 horas.

Características Xerais da Biblioteca

A biblioteca “Xosé Neira Vilas” é unha biblioteca pública, tanto pola titularidade, que é municipal, como polas persoas ás que se dirixe: ao conxunto da cidadanía sen ningún tipo de distinción de idade, raza, sexo, relixión, condición ou opinión, en contraposición ás bibliotecas de acceso restrinxido (investigación, escolares, universitarias, etc.).

Tamén é a primeira das bibliotecas de proximidade da futura rede municipal de bibliotecas, no sentido que prestará un servizo de lectura pública nunha área determinada e que chegará a coordinar a súa acción con outras bibliotecas municipais que configurarán a rede (grupos coordinados de bibliotecas que comparten programas bibliotecario común, recursos e servizos, para lograr darlle un mellor servizo á cidadania), ademais da súa inclusión actual na Rede de Bibliotecas de Galicia.

A parte de prestar os servizos tradicionais dunha biblioteca porá énfase no desenvolvemento de servizos e recursos adaptados ás necesidades culturais e informativas específicas do seu contorno establecendo vínculos de cooperación coas organizacións cidadás da súa área de influencia.

A súa misión é a de ser o centro territorial de comunicación, información e promoción lectora. Un espazo que sexa un referente para a zona, no que as e os veciños acudan para xerar demandas, satisfacer necesidades ou simplemente un lugar de encontro, integrador das distintas sensibilidades sociais e vitais que coexisten e conviven ao seu redor.

A biblioteca ofrecerá os servizos de préstamo e consulta en sala, información, así como formación a quen a desexe. Desenvolverá actividades como a hora do conto, clubs de lectura, presentación de libros, conferencias, ... Ademais de servir como apoio ás escolas e os diversos colectivos cidadáns.

O centro conta a día de hoxe con 42 postos de lectura, entre as seccións de adultos, infantil e prensa, 10 postos de audiovisuais, 2 postos de consulta do catálogo (un para persoas adultas e outro para infantil), 2 postos de información, 10 ordenadores de uso libre e Wi-Fi. Actualmente dispón de 66 postos de usuario, ampliables a 72 postos.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100