As Illas Cíes
A costa galega posúe un dos seus máis ricos ecosistemas submariños na zona que rodea o arquipélago das illas Cíes, onde destaca o importante bosque de algas pardas (Phaeophyta) dos xéneros Laminaria e Saccorhiza.
A circulación das augas (que saen e entran na Ría) e a mestura de auga doce e salgada favorecen a concentración de microorganismos, etc., que representan fonte de alimento para todas as especies mariñas. Así, nos distintos contornos arredor das illas, atopamos diversidade de crustáceos, peixes, moluscos, etc.
Na parte submariña, habitan bogavantes (Hommarus gammarus), centolos (Maja squinado), polbos (Octupus vulgaris), etc.
Na zona dos cantís, abundan percebes (Pollicipes cornucopia) e mexillóns (Mytilus).
Nas zonas rochosas, do interior das illas, atoparemos numerosos ourizos de mar (paracentrotus lividus), ademais de grandes bosques de anémonas (Anemonia sulcata).
Nas praias máis protexidas hai multitude de moluscos bivalvos, así como linguados (Solea lascaris), rodaballos (Psetta maxima), etc.
Estas augas son, ademais, visitadas con frecuencia por delfíns (Delphinidae), baleas (Mysticetiy), focas (Phocidae), etc.
Pódense observar tamén nestes fondos mariños restos arqueolóxicos.
A pesca submariña e de recreo están prohibidas.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100