Lingua

Estudo sociolingüístico

O Estudo sociolingüístico, sobre o uso da lingua galega no termo municipal, constitúe un amplo traballo realizado pola Universidade de Vigo para o Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

Os seus obxectivos son:

  • Coñecer mellor a situación da lingua.
  • Medir os cambios producidos desde o informe anterior, redactado en 1998.

O documento constata a substitución lingüística do galego polo castelán no conxunto da poboación, especialmente nas xeracións máis novas, a pesar de estar máis preparadas, cunha maior competencia na lectura e na escritura.

A diminución no grao de dificultade na lecto-escritura é evidente, case na mesma medida que o retroceso do emprego do galego no fala, podendo denominar a situación de alerta vermella para o idioma.

Con todo, o informe dá fe do crecemento do número de vigueses e viguesas que demandan un maior uso público do galego: que estea máis presente nos medios de comunicación, no fala dos seus representantes públicos, nas administracións local e autonómica...

Os vinte anos transcorridos desde a aprobación da Lei de normalización lingüística, permiten reflexionar sobre as consecuencias sociais das políticas desenvolvidas.O Concello considera que é o momento de comprometer ás administracións autonómica e locais, nun pacto pola lingua, cara á realización de estratexias a favor do seu emprego.

  • Estudo sociolingüístico: documento en formato pdf (79 páxinas, 1M, versión en galego) co que coñecerá os aspectos metodolóxicos empregados e as conclusións do estudo.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100