Sanidade e Saúde

Actividades 2023

O programa de educación ambiental desenvolto pola Concellería de Sanidade, arrinca a súa tempada de primavera cunha proposta de actividades de fomento de hábitos de vida saudables cun percorrido urbano dentro do Plan Saúde Municipal "Pedalea e Anda o Cole e Pedalea e Anda a Casa".

O obxecto desta actividade é fomentar hábitos de vida saudables cun percorrido urbano dentro do Plan Saúde Municipal.

O fomento de hábitos de vida saudables na poboación viguesa é un dous obxectivos do Plan Saúde Municipal.

O fomento de andainas a pé é un dos hábitos de vida saudable para evitar a obesidade e posibles cardiopatías na poboación.

Con este obxectivo preténdese desenvolver unha andaina saudable a pé pola zona urbana de Vigo para fomentar este hábito na poboación.

A actividade consiste en percorrer a pé e coa axuda dun (mapa) diferentes zonas da cidade, tentando localizar unha serie de puntos de control e superando diversas probas, tanto físicas como de coñecementos.

O obxectivo final é acumular o maior número de puntos posibles. Cun alto compoñente estratéxico, a toma de decisións e o traballo en equipo son claves para completar a proba con éxito.

A actividade realizarase por equipos (de 2 a 5 persoas), e terá unha duración de 3 horas, distribuídas da seguinte maneira:

- Punto de encontro na praza do Rei, onde terá lugar unha reunión informativa e a entrega de material aos equipos participantes: 30 minutos
- Actividade: 2 horas
- Número máximo de participantes: 120 persoas
- Día de desenvolvemento da actividade: Domingo, 23/04/2023, ás 11:00 horas

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100