Escudo Concello de Vigo
Logos

Plan integral de contratación

O Concello de Vigo conta cunha dilatada traxectoria na implantación e desenvolvemento de políticas públicas en materia de transparencia e integridade, materias estas que son obxecto de reforzo tras a aprobación da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno e, como pode verse, cos excelentes resultados obtidos nas sucesivas avaliacións realizadas por " Transparencia Internacional España, non Índice de Transparencia de Concellos (ITA)".

Na execución destas políticas públicas, o Concello de Vigo foi adoptando diversos acordos e implementando mecanismos de distinta natureza para garantir o dereito dos cidadáns a unha boa administración:

En relación ao progreso das actuacións en materia de transparencia e integridade, dende a constitución do Comité Técnico do Plan de Integridade nas Contratacións Públicas procedeuse a examinar o novo marco legal en materia de contratación pública desde a perspectiva da integridade, así como as boas prácticas que se poden adoptar na liña da mellora continua, concluíndo a necesidade de aprobar un marco estratéxico do Plan de Integridade que permita, por unha banda, ter as liñas e obxectivos estratéxicos aprobados polo órgano de contratación e, por outro, definir un campo de actuación eficiente e dinámico para a súa execución a través dos obxectivos operativos, formulando á Concellaría delegada en materia de contratación a adopción do acordo respectivo.

Na actualidade o Plan de Integridade da contratación do Concello de Vigo e unha realidade, e se atopa desenvolto nun alto grado.