Persoas con discapacidade
Na cidade habilitáronse prazas de estacionamento para persoas discapacitadas. Para poder facer uso desas prazas debe de ter a Tarxeta de Estacionamento.
A Tarxeta de Estacionamento solicítase a través dun formulario que ten que entregar no Rexistro Xeral do Concello.
Son condicións indispensables para solicitala que no certificado de discapacidade teña o recoñecemento de imposibilidade de usar o transporte público (ter un grao superior a 7 puntos) e ademais ten que estar censado en Vigo.
Se as prazas están en situadas en zona de pago ten que pagar polo seu uso.
Só concédese un cartón por usuario e é persoal e intransferible, podendo usala indistintamente en calquera vehículo a condición de que se utilice para o desprazamento da persoa discapacitada.
Estacionamentos na cidade para persoas con discapacidade
Consultar o trámite: Solicitude de tarxeta de estacionamento para as persoas con discapacidade
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100