Limpeza e xestión de residuos
Os traballos de limpeza de rúas, camiños e viarios, realízanos os propios operarios do servizo de limpeza, organizados en brigadas de limpeza.
Estas tarefas realízanse ao longo de todo o ano, en función das necesidades de cada estación, e das necesidades municipais específicas determinadas por eventos deportivos, culturais ou sociais.
Algúns labores realízanse manualmente e para outras contan con medios mecánicos, como:
O resto dos servizos de limpeza, realízanos diferentes empresas concesionarias.
A limpeza de praias realízana traballadores municipais do Servizo de Limpeza, organizados en brigadas, con medios mecánicos, durante todo o ano, segundo as necesidades do momento.
Durante os fins de semana, desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro, a empresa concesionaria FCC, realiza ademais a limpeza manual e retirado de algas.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100