Logos

Rehabilitación edificios de titularidade pública para Entidades Locais

Proxecto:

Rehabilitación de edificios de titularidade pública para as Entidades Locais (PIREP local). Liña 1.

Convocatoria:     

Orde TMA/178/2022 de 28 de febreiro pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a rehabilitación de edificios de titularidade pública e a convocatoria para a presentación de solicitudes polo procedimeinto de concorrencia competitiva no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Axente/s financiadores ou cofinanciadores

  • Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana: Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para as Entidades Locais (PIREP local)
  • Política panca: Panca I Axenda urbana e rural, loita contra o despoboamento e desenvolvemento da agricultura.
  • Compoñente 2:  Plan de rehabilitación de vivenda e rexeneración urbana. Este compoñente ten como obxectivos principais o impulso á rehabilitación do parque edificado en España, en liña coa "Renovation Wave europea", así como o incremento do parque de vivenda en aluguer social en edificios enerxéticamente eficientes, contribuíndo á activación deste sector e á xeración de emprego e actividade no curto prazo.
  • Investimento: C2.I5, Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos (PIREP local), que persegue a rehabilitación sustentable do parque público institucional, de Comunidades Autónomas e entidades locais para todo tipo de edificios de titularidade pública de uso público. Cunha clara vocación exemplarizante e o carácter integrado que reclama a Agenda Urbana Española e a nova Bauhaus europea (sustentabilidade, inclusión e estética), sen perder de vista o principal obxectivo do aforro enerxético.

Expediente solicitude:

Nº: 1253-441. Aprobación da participación do Concello de Vigo na convocatoria de axudas para a rehabilitación de edificios no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, de acordo coa Orde TMA/178/2022, de 28 de febreiro de 2022.

Actuacións solicitadas:

Área de Goberno xestor do proxecto:

  • Área de Goberno de Fomento e Servizos

Concesión subvención:

Anuncio da Secretaría Xeral de Axenda Urbana e Vivenda sobre a Orde TMA/178/2022 de 28 de febreiro pola que se conceden as axudas da convocatoria do programa de axudas para a rehabilitación de edificios de titularidade pública, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100