En Vigo reciclamos:
- Envases de plástico, bricks e latas, que depositamos nos colectores de cor amarela.
- Vidro, que depositamos en colectores tipo iglú de cor verde.
- Papel e cartón, que depositamos en colectores de cor azul.
- Pilas usadas, que depositamos en colectores de cor amarela, tipo papeleira, situados nos illotes de reciclaxe. Tamén en colectores de sobremesa distribuídos en centros públicos e establecementos comerciais.
- Aceite, que depositamos nos colectores grises situados en comunidades veciñais e outros puntos de recollida. Solicítao chamando ao 010.
- Material eléctrico e electrónico (RAEE)
- Roupa, calzado e complementos.
Descobre a importancia de reciclar:
- Beneficios da reciclaxe: grazas á túa colaboración é posible que vos envases póidanse reciclar e así contribúas a darlles unha segunda vida evitando que terminen nun vertedoiro.
- Asistente virtual da reciclaxe: coñece ao Asistente Intelixente de Reciclaxe A.I.R.-e, que responde as dúbidas de reciclaxe sobre a que colector vai cada residuo.
- Consumo responsable: a mellor maneira de ter cada vez menos residuos é diminuír a súa xeración, fomentando a redución e reutilización.
Ofrecemos desde o Concello de Vigo, charlas gratuítas formativas, sobre a xestión correcta de residuos e reciclaxe na Cidade, para a Cidadanía, a través de reunións en comunidades de veciños, asociacións, centros, etc, fomentando as prácticas sostibles, solicita este servizo chamando ao 010.
Tipos de residuos e colectores