Patrimonio Histórico

O Berbés, construído sobre unha praia, quedará fora das murallas

Este barrio mariñeiro, foi un dos primeiros enclaves do poboamento medieval vigués. Aquí localizábase un porto que os documentos do século XII citan co nome de san Xulián. Situado sobre un areal, cando se fortifica a vila quedará fóra da muralla.

En 1495 apenas estaba poboado e parte da ribeira usábase para tender as redes. Aos poucos o barrio medra e esténdese ao longo do litoral. Cando en 1656 se levanta a muralla, xa acadaba o outro extremo da praia onde se sitúa o convento de san Francisco.

Vista do Berbés 1879-1881

Recollida de algas na ribeira do Berbés (1892)

Fóra de murallas, a defensa deste barrio mariñeiro quedaba ao abeiro de dous baluartes. No extremo leste, preto da porta da Ribeira, levantarase o do Berbés. Seguindo a muralla ladeira arriba, por enriba das casas, estaba o baluarte de San Xulián ou das Redes.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100