Cultura
Horarios:
Servizos:
Entrada libre e gratuíta. Grupos (consultar previamente).
Desde a súa inauguración, en 1937, o museo municipal “Quiñones de León” é un espazo emblemático da cidade de Vigo. Nun grandioso pazo, casa típica da aristocracia galega, do século XVII e reformado no XIX e XX; expóñense un amplo conxunto de obras de arte e artes decorativas.
Na planta baixa presérvase o ambiente señorial da antiga residencia dos marqueses de Mos y Valladares, antigos propietarios do pazo. A exposición permanente de pintura europea dos séculos XVII, XVIII e XIX contén importantes exemplos de pintura das escolas italiana, francesa, española, inglesa, etc... O museo tamén presenta particularmente na planta primeira os depósitos realizados polo Museo do Prado canda a inauguración do museo.
A arqueoloxía ocupa unha gran sala cunha exhibición permanente de materiais de Vigo e sur da provincia de Pontevedra que abranguen cronoloxicamente dende o período paleolítico ata a época romana. Destaca pola súa singularidade e importancia o conxunto de estelas funerarias tardorromanas que testemuña un importante poblamento do antigo núcleo urbano en pleno centro da cidade.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100