É un medio de socialización, expresión e comunicación, co que a nena ou o neno establece relacións cos seus iguais e aprende a aceptar puntos de vista diferentes.
Permítelle coñecerse así mesmo, aos demais e establecer vínculos afectivos.
Desenvolve as funcións psíquicas necesarias para aprendizaxes como a percepción sensorial, a linguaxe, a memoria, etc., así como a funcións físicas: correr, brincar, equilibrio e coordinación.
Estimula a superación persoal a partir da experimentación do éxito, que é a base dunha boa autoestima.
Axuda a interiorizar as normas e pautas de comportamento social, xa que se as nenas e nenos non respectan as normas de xogo que previamente son establecidas por eles, sanciónanse por eles mesmos.
É a base de toda actividade creativa, xa que promove a imaxinación.
Obxecto dos Espazos de Ocio e Tempo Libre Municipais: dar resposta as demandas da cidadanía en relación cós servizos a infancia que recolle a Lei de os Servizos Sociais e o Decreto 354/ 2003.
Ideario e valores: Os Espazos de Ocio e Tempo Libre Municipais defínense coma un centro prestador de servizos socio-educativos e lúdicos á infancia e ás súas familias; de carácter público e universal, accesible, e identificado coa defensa, promoción e educación en valores de igualdade, solidariedade, liberdade, xustiza e paz, a través do xogo como elemento vehiculizador dos valores e da aprendizaxe humana.