Cultura
O edificio ten carácter rexionalista, aínda que recolle elementos decorativos da arquitectura histórica galega como se pode observar na galería superior de arcos enlazados, influencia da fachada do Tesouro do claustro da Catedral de Santiago de Compostela ou na composición e decoración dos vans da balconada da rúa de Uruguai semellantes aos do Hostal dos Reis Católicos tamén en Compostela, ademais de elementos barrocos.
Foi deseñado para albergar un teatro e un cine de 1758 localidades, unha sala de festas, un salón de té e oficinas de alugueiro.
A estrutura interna é de formigón e os muros de granito do país, deixouse a pedra de máis calidade para os elementos decorativos.
Cabe destacar tamén o ampuloso pórtico partido de formas rectangulares e a decoración neobarroca da fachada da rúa de Uruguai pola que se accede ao interior.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100