Medio Ambiente

Concienciación medioambiental

Nesta páxina poderá encontrar información sobre:

Protección sobre o medio ambiente atmosférico

  • Ordenanza municipal de protección do medio ambiente atmosférico
  • Información polínica de Galicia

    A relación entre a concentración de pole atmosférico e a sintomatoloxía alérxica é coñecida dende antigo cando se caracterizou a enfermidade baixo o nome do "febre do feo ou polinose". A polinose é considerada na actualidade unha das enfermidades crónicas máis frecuentes, as previsións da EAACI indican que dentro de 15 anos o 50% das e dos europeos sufrirán algún tipo de alerxia.

    Para establecer medidas preventivas para as persoas alérxicas é moi importante monitorizar e predicir a cantidade de pole na atmosfera.

    Datos da concentración de pole na atmosfera da cidade de Vigo

  • Calidade do aire no Concello de Vigo

    Datos obtidos da estación Vigo - Coia, estación de tráfico en área urbana situada no Barrio de Coia, na Avenida de Castelao. Está equipada con diferentes analizadores, unha estación meteorolóxica e dispón dun panel de información dos datos horarios en tempo real.

Vertidos de augas residuais

  • Ordenanza municipal reguladora dos vertidos non domésticos de augas residuais

Limpeza de terreos e xestión de residuos

Enerxía solar

Campañas

IV Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático

O Concello de Vigo consolida a súa colaboración co Club Peña Trevinca e a Universidade de Vigo na nova edición do “Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade de Vigo”, organizado no Día Mundial do Clima 2025. A cuarta edición, celebrada os días 18, 19 e 20 de marzo no Auditorio Municipal, contou coa intervención de catro expertos en alpinismo, investigación e economía.

Nieves Gil e Laia Duaigües, expertas alpinistas e escaladoras, abordaron o tema da amizade como factor fundamental para unha boa escalada; o investigador do CSIC e docente Fernando Valladares, desenvolveu o tema do decrecemento cara á nova prosperidade, e Xabier Lavandeira, catedrático de economía da Universidade de Vigo, guiou a súa ponencia sobre o custo do cambio climático.

Cartel

foto 1

Conferencia 18 de marzo 2025

Conferencia 19 de marzo 2025

Conferencia 20 de marzo 2025

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100