Xerencia Municipal de Urbanismo

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2026-09-11. O orzamento de Urbanismo crece en 2027 nun 9%, alcanzando os 12.860.982 euros

Foto noticia
O fomento da rehabilitación e as políticas de vivenda conforman o groso do orzamento municipal de Urbanismo para o ano 2027. As contas da Xerencia crecen un 9,09% respecto do ano pasado, tal e como confirmou o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-09-04. Vigo activa a transformación da Praza de España con máis zonas verdes e novos espazos peonís

Foto noticia
O Concello de Vigo continúa dando pasos para a transformación integral da Praza de España e da súa contorna. O goberno municipal iniciou a tramitación dos estudos de detalle das zonas 1 e 2, que permitirán ordenar novos espazos públicos, ampliar as zonas verdes e mellorar a conexión entre a praza e as rúas próximas. Ademais, o Concello vén de aprobar a convocatoria dun concurso de proxectos para definir a futura imaxe urbana da Praza de España. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-28. Vigo amplía o parque municipal de vivenda coa compra de dous novos pisos para alugueiro social

Foto noticia
O Concello investirá 316.000 euros na adquisición dos dous inmobles, que serán incorporados á oferta municipal tras realizar pequenas reparacións. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-27. O Concello convocará un concurso de ideas para definir unha Praza de España estética e funcional

Foto noticia
Vigo busca unha renovación da praza que permita incrementar o seu uso pola cidadanía e ordenar o desenvolvemento futuro de todo o ámbito. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-10. O Concello esixe á Xunta unha estación de autobuses "óptima" e atención ás persoas sen teito

Foto noticia
O alcalde anunciou que a semana pasada se remitiu unha carta á administración autonómica "para que adopte as medidas necesarias". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-31. Vigo axilizará a concesión de licenzas urbanísticas ao eliminar o informe previo sobre servidumes aeronáuticas

Foto noticia
Unha resolución publicada este luns no Boletín Oficial do Estado exime o Concello de Vigo de solicitar o informe previo da Axencia Estatal de Seguridade Aérea para autorizar determinadas construcións e instalacións. A medida, de aplicación inmediata, permitirá simplificar e reducir os tempos de tramitación das licenzas urbanísticas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-17. O Concello avanza na construción da nova escola de música de Bembrive

Foto noticia
Abel Caballero anunciou esta mañá que a Xerencia de Urbanismo aprobará o martes 21 de xullo o proxecto de expropiación dos terreos para construír o centro docente musical . (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-16. O alcalde reivindica o PXOM para un modelo urbano propio e afrontar os retos do futuro

Foto noticia
O alcalde e presidente da Fundación ProVigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores o III Debate da entidade, dedicado a "Deseñar a cidade do futuro (Parte I): Urbanismo, innovación e sustentabilidade". Na xornada participaron tamén a cuarta tenente de alcalde e responsable da Área de Urbanismo e Vivenda, María José Caride; o presidente da Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Manuel Martínez Carazo; e a directora de Innovación para Mercados Estratéxicos de Gradiant, Antía Fernández López.Durante a súa intervención, o rexedor reivindicou os máis de vinte anos de transformación urbana de Vigo e defendeu o PXOM como "o elemento diferencial" para afrontar os retos da segunda metade do século, incorporando desafíos como o cambio climático, a innovación tecnolóxica e o acceso á vivenda. "Queremos liderar a transformación das cidades da segunda metade do século", sinalou Caballero, quen apostou por un modelo urbano propio e diferencial para responder ás novas necesidades da cidadanía. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-14. O Concello avanza na transformación urbanística da Praza de España

Foto noticia
Abel Caballero anunciou este martes o inicio do estudo de detalle entre as rúas Pizarro e Porto Rico, zona 3 do ámbito. "Isto non hai quen o pare", afirmou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-06. Caballero defende á veciñanza e insta á Xunta a pactar as compensacións do proxecto urbanístico no Ofimático

Foto noticia
O alcalde instou á Xunta a pactar as condicións do desenvolvemento do Proxecto de Interese Turístico do Ofimático coas persoas afectadas. Explicou que o centenar de familias afectadas ten dereito a compensacións económicas axeitadas e a estar informadas con antelación suficiente. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100