Emprego Local

Formación online

O Concello de Vigo continúa ca labor de información e apoio á cidadanía mediante a publicación de píldoras informativas en materia de emprego a través da conta de Twiter da Concellaría de Emprego (@CMEmpregoVigo) e da páxina web municipal.

Esta medida estará coordinada polo Servizo de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local, dependente da área de goberno de Cultura, Emprego e Participación Cidadá, continuando ca labor de información e apoio á cidadanía en materia de emprego, mediante a publicación semanal de titoriais formativos de duración breve (entre 4 e 10 minutos) a través da conta de Twitter da Concellaría de Emprego e da páxina web municipal.

Con esta medida preténdese dar continuidade á prestación dos servizos habituais que se veñen desenvolvendo no departamento municipal de Desenvolvemento Local e Emprego en actividades de apoio e fomento de emprego.

Así mesmo, trátase dun primeiro paso cara a posta en marcha doutros programas e actividades formativas por medios telemáticos nos que está a traballar a Concellería de Emprego.

Os obxectivos que se persiguen coa presente medida son:

  • Contribuir a manter as canles de comunicación coas persoas que están en busca de emprego ou na busca de alternativas laborais, transmitindo unha mensaxe de acompañamento e apoio.
  • Continuar o traballo no ámbito da formación no campo da orientación laboral.
  • Iniciar o proceso de virtualización da actividade de promoción do emprego, concretamente no ámbito do acompañamento ás persoas.
  • Aportar solucións prácticas e concretas nos procesos de busca de emprego nestes momentos de mobilidade limitada e confinamento.

Píldoras informativas: LinkedIn

Neste primeiro momento óptase por esta proposta de píldora informativa sobre Linkedin como contido principal por tres razóns:

  1. Porque se trata dunha temática habitual que xa viña desenvolvéndose desde o Servizo de Orientación Laboral como acción formativa.
    En novembro tiveron lugar as últimas sesións formativas sobre Linkedin nas aulas informáticas do Auditorio Mar de Vigo.
  2. Porque nestas semanas de confinamento o Servizo de Orientación Laboral recibiu varias consultas sobre o tema.
    Resulta obvio, que nesta situación, son moitas as persoas que están a utilizar en maior medida as ferramentas online, tamén no ámbito do emprego.
  3. Porque Linkedin conta en España con máis de doce millóns e medio de perfís e miles de empresas, resultando hoxe por hoxe unha referencia ineludible en procesos de busca de emprego e desenvolvemento profesional, que ademais é gratuita.

Nas vindeiras semanas, irán desenvolvéndose outros titoriais e iranse ampliando as propostas de servizos online e actividades formativas, variando a temática en función das demandas que nos traslade a cidadanía asi coma da información que se considere de maior utilidade en materia de emprego.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100