Escudo Concello de Vigo

Organización Municipal

Pleno

Secretaría do Pleno

  • Enderezo: Praza do Rei 1, 1º . 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 163
  • Email: doc.pleno@vigo.org

O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía no goberno municipal. Está integrado polos tenentes de alcalde, concelleiros e presidido pola Alcaldía, tenente de alcalde ou concelleiro no que delegue. Controla e fiscaliza os órganos de goberno, exerce a potestade regulamentaria a orzamentaria e demais atribucións que lle outorgan as leis.

As sesións do Pleno poderán ser ordinarias, extraordinarias e urxentes. O Pleno realizará sesións ordinarias unha vez ao mes e extraordinarias cando sexan convocadas con este carácter pola Presidencia, ben a iniciativa propia, ben a solicitude dunha cuarta parte do número legal de membros da Corporación. As sesións extraordinarias e urxentes cando sexan convocadas con tal carácter pola Presidencia, nos supostos en que, por razóns motivadas, non se poida convocar a sesión coa antelación requirida.

O Pleno do Concello de Vigo está formado por 27 concelleiros e concelleiras elixidos democraticamente e estes, á súa vez, elixen ao alcalde ou alcaldesa a quen lle corresponde a Presidencia que poderá delegar, cando o estime oportuno, nun dos concelleiros ou concelleiras. As sesións ordinarias realízanse o ultimo mércores non festivo de cada mes ás 09:00 horas en primeira convocatoria e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria.

A súa composición, para o mandato 2019-2023, é a seguinte:

PSdG-PSOE Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE

  • Abel Caballero Álvarez
  • Carmela Silva Rego
  • Elena Espinosa Mangana
  • María José Caride Estévez
  • Abel Losada Álvarez
  • Ana María Mejías Sacaluga
  • Javier Pardo Espiñeira
  • Carlos López Font
  • Jaime Aneiros Pereira
  • Yolanda Aguiar Castro
  • José Manuel Fernández Pérez
  • Patricia Rodríguez Calviño
  • Ángel Rivas González
  • Nuria Rodríguez Rodríguez
  • Santos Héctor Rodríguez Díaz
  • Pablo Luis Estévez Rodríguez
  • Gorka Gómez Díaz
  • Ana Laura Iglesias González
  • María Eugenia Blanco Iglesias
  • María del Carmen Lago Barreiro

PP Partido Popular

  • José Alfonso Marnotes González
  • Patricia López Román
  • Carlota Bartolomé Tocino
  • Teresa Egerique Mosquera

marea Marea

  • Rubén Pérez Correa
  • Oriana Méndez Fuentes

logo bng Bloque Nacionalista Galego

  • Xabier Pérez Igrexas