Se na túa relación de parella existen algúns destes comportamentos, estás a vivir unha relación de control e poder, é decir, violenta:
Violencia Psicolóxica
- Ignora a túa presenza, espíate.
- Merma a túa estima, insultándote, descalificándote, gritándote, facéndoche comentarios degradantes e fóra de ton.
- Culpabilízate de calquera problema.
- Non respecta a túa opinión e impón sempre a del.
- Ameázate e coacciónate.
Violencia Social
- Íllate do teu contorno social.
- Contrólache as relacións familiares e de amizade.
- Contróla e critica a túa forma de vestir.
- Contrólache as chamadas e todas as actividades.
- Humíllate e ponte en evidencia publicamente.
Violencia Económica
- Non deixa que controles os recursos da economía familiar.
- Limítache o diñeiro, entrégate cantidades insuficientes para o mantemento da familia.
- Cúlpate de non saber administrar ben o diñeiro.
- Impídeche que traballes para que no teñas independencia económica.
- Se traballas, contrólache o que gañas.
Violencia Sexual
- Obrígate a manter calquera tipo de contacto ou relación sexual.
- Responsabilízate dos embarazos e de enfermidades de transmisión sexual.
- Impídete exercer a túa sexualidade libremente.
- Acósate con insinuacións sexuais, incomodándote.
- Incítate a prostituírte.
Violencia Física
- Empúxate, golpéate, quéimate, tírache do pelo... ... Agrédete cun arma