Logos

Actuacións en materia de biorresiduos. Convocatoria 2023-2024

Proyecto:    

Programa de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal. Convocatoria en Réxime de concorrencia non competitiva para os anos 2023 e 2024. Código do procedemento MT975P.

Convocatoria:     

Orde do 1 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamiento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975P).

Axente/s financiadores  ou cofinanciadores

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia: MT975P Subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións destinadas á mellora da xestión de biorresiduos. Fondos de Recuperación e Resiliencia.

Política panca: Panca V Modernización e dixitalización do tecido industrial e da peme, recuperación do turismo a unha España nación emprendedora.

Compoñente 12: Política Industrial España 2030. Compoñente 12 R2, Política de residuos e impulso á economía circular. A finalidade do mesmo é a prevención e a redución da xeración dos residuos e dos impactos adversos da súa xeración e xestión, a redución do impacto global vinculada ao uso dos recursos, e a mellora da eficiencia do devandito uso co obxecto de, en última instancia, protexer o medio ambiente e a saúde humana e efectuar a transición a unha economía circular. Á súa vez, tamén se creará un grupo de traballo específico na Comisión de coordinación en materia de residuos cuxo obxectivo será o seguimento do cumprimento da normativa en materia de residuos, e a harmonización de criterios para este cumprimento. Finalmente aprobarase e implementará o II Plan de Acción de Economía Circular.

Investimento: C12.I3, Plan de apoio á implementación da normativa de residuos e ao fomento da economía circular, cuxo obxectivo é facilitar o despregamento da economía circular en España.

Expediente solicitude: 

Núm.: 8504-252. Aprobación da participación do Concello de Vigo á convocatoria correspondente o exercicio 2023 do programa de axudas para a execución de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, en concreto encamiñadas á mellora da xestión dos biorresiduos, ás entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia que teñan asumidas a competencias de prestar os servizos de recollida ou de tratamento de residuos municipais (procedemento MT975P), á vez que se fai pública a súa convocatoria dos anos 2023 e 2024.

Actuacións solicitadas:

Expediente BIOR-126-2023-RES: Ampliación do proceso de recollida separada da materia orgánica pertencente á liña 1 das axudas a entidades locais de Galicia para o financiamiento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal.

  • Importe total proxecto :  
    • 196.918,71 € (ano 2023) 
    • 1.772.268,36 € (ano 2024)
  • Axuda solicitada:  
    • 177.226,84 € (ano 2023) 
    • 1.595.041,52 € (ano 2024)

Expediente BIOR-128-2023-RES: Separación e reciclaxe en orixe da materia orgánica mediante compostaxe doméstica “in situ”  pertencente á liña 2 das axudas a entidades locais de Galicia para o financiamiento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal.

  • Importe total proxecto:  
    • 64.200,00 € (ano 2023)
    • 577.800,00 € (ano 2024)
  • Axuda solicitada:  
    • 57.780,00 € (ano 2023)
    • 520.020,00 € (ano 2024)

Total proxectos:

  • Liña 1: 1.969.187,07  € ( ano 2023 e 2024)
  • Liña 2: 642.000,00 € ( ano 2023 e 2024)

Total axuda solicitada:

  • Liña 1: 1.772.268,36  € (ano 2023 e 2024)
  • Liña 2:  577.800,00 € (ano 2023 e 2024)

Área de Goberno xestor do proxecto: 

  • Área de Goberno de Fomento,  Servizos e Deportes

Concesión subvención: 

Resolución de 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sustentabilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao amparo da Orde do 1 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975P).

Subvención total concedida: 2.277.168,36 € (1.772.268,36 € liña 1 e 504.900,00 e liña 2)

   

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100