Cultura

Noticias de Cultura

Lista de noticias

Noticias

2026-08-28. As obras de Granell e Cáccamo formarán parte do CMAG Vigo

Foto noticia
A Xunta de Goberno deu luz verde a licitación da obra Cabalo surrealista de Eugenio Fernández Granell e a adquisición de Talismanta de Berta Cáccamo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-13. Vigo convoca o concurso de ideas para deseñar a escultura de Iago Aspas en Balaídos

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local aprobará este venres a contratación do concurso de ideas para o deseño e realización da escultura coa que a cidade homenaxeará a Iago Aspas. O certame estará dotado con 15.000 euros en premios e a proposta gañadora recibirá posteriormente o encargo para executar a obra, cun orzamento máximo de 200.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-07. O "Piano na rúa\" convida a tocar á cidadanía viguesa

Foto noticia
No marco do X Concurso Internacional de piano "Cidade de Vigo", Abel Caballero participou este venres na presentación da iniciativa "Piano na rúa\", coa que calquera persoa que queira pode sentarse a interpretar algunha peza no piano de cola instalado na rúa do Príncipe, diante do Marco. "Queremos que a cidade veña durante esta semana a escoitar o piano, a vivir o piano no mellor sitio do mundo". O certame congregará na cidade a 400 participantes de 77 países que amosarán a súa \"excepcional calidade interpretativa". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-06. O Concello avanza na exposición do 200 aniversario de Julio Verne no Auditorio Mar de Vigo

Foto noticia
Abel Caballero avanzou este xoves a contratación da mostra inmersiva "Jules Vernes 200" por 2.056.368 euros. "Unha acción extraordinaria que vai facer que Vigo sexa centro de atención dunha parte importante de Europa, porque Julio Verne e o capitán Nemo van revivir na cidade e nós estaremos con eles nunha exposición coas últimas tecnoloxías", afirmou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-03. O II Festival de Música de Cámara Sinerxias 430 ofecerá catro concertos de artistas internacionais

Foto noticia
Abel Caballero referendou esta mañá o apoio do Concello ás iniciativas da Orquestra 430, durante a presentación do novo programa de concertos que, do 24 de setembro ao 28 de novembro, contará con clases maxistrais gratuítas para o alumnado do conservatorio profesional. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-30. O X Concurso Internacional de Piano "Cidade de Vigo" congrega a 400 participantes de 77 países

Foto noticia
O alcalde pon en valor a calidade do certame, que traerá á cidade a algúns dos pianistas con maior proxección internacional e convida á cidadanía a tocar o piano que estará na rúa do Príncipe, aberto a quen queira facelo soar. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-30. VigoCultura programa 26 espectáculos de outubro a novembro

Foto noticia
O alcalde avanzou a programación municipal de artes escénicas para o segundo semestre deste ano: 16 propostas para público adulto, 9 para público familiar e o espectáculo de rúa inicial. O presuposto acada os 150.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-24. O Goberno municipal aproba a cesión ao Ministerio de Cultura da parcela para a Biblioteca do Estado

Foto noticia
Abel Caballero anunciou este venres que o acordo significa que o Goberno de España pode iniciar a obra da infraestrutura cultural programada no soar de Coia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-21. O MARCO inaugura a exposición \"Circus" de Alejandra Icaza

Foto noticia
A mostra da artista cuxas creacións "saen desde a emoción, non desde a cabeza" completa a oferta expositiva do museo municipal ata outono. É a sexta mostra que se abre este verán. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-21. O Concello incorpora "Talismanta" de Berta Cáccamo á colección de arte galega

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a adquisición da obra Talismanta, da artista viguesa Berta Cáccamo, por un importe de 25.000 euros. A pintura incorpórase de forma definitiva á Colección Municipal de Arte Galega (CMAG Vigo) e xa pode contemplarse na exposición permanente da Casa das Artes. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100