Servizos Sociais
Programa Ludopam Teis
Programa realizado polo Plan Comunitario de Teis en colaboración coa Concellería de Política Social que trata de conseguir a normalización necesaria para o desenvolvemento global e efectivo dos nenos e nenas a través do apoio pedagóxico e lúdico-social.
Obxectivos:
Persoas destinatarias: Nenos e nenas de 6 a 12 anos, que acoden aos centros educativos públicos do barrio de Teis, en situación de risco e ás súas familias.
Acceso ao programa: A través da derivación dos servizos sociais do Concello de Vigo.
Programa Xinxín
Programa no que se enmarcan accións dirixidas a favorecer o desenvolvemento integral dos rapaces e rapazas en situación de risco e coas que se procura a mellora da súa calidade de vida, trabando sobre o espazo de intervención social existente entre a detección dun menor nunha situación de risco social e as medidas de protección de Menores da Xunta de Galicia para que os e as menores, na medida do posible, reeduquen a súa conduta e non sexa necesario o internamento.
Programa en colaboración cos equipos de orientación dos centros educativos de referencia e o Programa Espabila da Fundación Juan Soñador.
Obxectivos:
Persoas destinatarias: Menores de 6 a 17 anos en situación de risco social.
Acceso ao programa: Derivación dos servizos sociais do Concello de Vigo.
Programa Caixaproinfancia
Iniciativa da Obra Social "La Caixa" dirixida á infancia en situación de pobreza económica e vulnerabilidade social coa finalidade de promover e apoiar o seu desenvolvemento dun modo integral, favorecendo e apoiando as políticas de mellora da equidade, cohesión social e de igualdade de oportunidades para a infancia e as súas familias.
O Concello apoia o proxecto e colabora na súa implementación no municipio mediante o convenio de colaboración asinado o 1 de abril de 2016 entre a Consellería de Política Social, o Concello de Vigo e a Fundación “La Caixa”.
O territorio elixido para desenvolvelo é o formado polas UTS das zonas de Rivera Atienza e o Calvario por terse detectadas problemáticas de familias en situación de vulnerabilidade e menores en situación desfavorecida.
Destinatarios: O programa diríxese a nenos, nenas e adolescentes de entre 0 e 16 anos cuxas familias, en situación de pobreza económica relativa ou extrema, son susceptibles de estar ou están en proceso de atención e/ou acompañamento social e presentan carencias nas súas necesidades sociais.
Convenio coa entidade “Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui”
A Concellería de Política Social colabora coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) no desenvolvemento do “Programa Vacacións en paz”, que posibilita o desprazamento de nenos e nenas saharauis desde os campamentos de refuxiados de Tindouf (Alxeria) ata a nosa cidade para seren acollidos por familias viguesas durante os meses de xullo e agosto.
O obxectivo do acollemento familiar temporal é evitar a estancia dos nenos e nenas nos campamentos durante os meses de verán, nos que se acadan temperaturas de máis de 50º no deserto, ofertándolles unha alternativa de lecer e tempo libre e facilitándolles asistencia médica e alimentación.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100