Oficina Municipal Xestora da Rehabilitación da Vivenda
A Oficina de Rehabilitación está encargada de tramitar as axudas establecidas e comprometidas para a posta en valor dos ámbitos históricos de Casco Vello e Bouzas e doutros como Coia, Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo e San Roque e recentemente os de Fenosa, A Salgueira, O Gorxal e descontinuo de Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas Públicas. Tamén suxire intervencións nos espazos públicos, alicientes que se valoran para xerar novas actuacións nestas áreas da cidade.
Desde esta Oficina estamos tramitando a primeira e segunda convocatorias de axudas dos Contornos Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP) declarados polo Concello de Vigo, encadrados no 1º Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio, dentro do Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social del Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Calquera persoa interesada en recibir información ou en que se realice unha visita ao inmoble a rehabilitar nos ámbitos ARI ou ERRP, pode presentar por rexistro na Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo o seguinte formulario xunto coa documentación acreditativa correspondente (da titularidade do inmoble e o DNI/CIF do solicitante).
Peche das convocatorias de axudas para as ARIs do Concello de Vigo en réxime de concorrencia simple para as anualidades 2018, 2019, 2020 e 2021 desde o 26.06.2025.
Para os ámbitos de Casco Vello, Bouzas, rúas Bueu-Moaña en Coia, Casas Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo e San Roque.
Aberta 3ª convocatoria de axudas para os ERRPs do Concello de Vigo.
En réxime de concorrencia simple desde o 05/06/2025 ata o 31/01/2026 ou ata o esgotamento do financiamento.
Casco Vello, Bouzas, Coia, Casas de Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque, Fenosa, A Salgueira, O Gorxal e Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas Públicas
Convocatoria publicada no BOPPO número 105 do 04 de junio de 2025.
Máis información, así como a documentación requirida a poden consultar na páxina de convocatorias e subvencións.
Poden consultar as Bases reguladoras no apartado de Normativa Rehabilitación situado na marxe esquerda desta páxina web ou no BOPPO número 158 do 17.08.2023.
As solicitudes que obteñan a Resolución favorable ou condicionada deberán dispoñer dun cartel do programa de rehabilitación que se colocará no inmoble para o que se conceden as axudas, seguindo os requisitos que figuran no Manual de imaxe do programa que está dispoñible na páxina web do Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana, ou utilizar o seguinte modelo:
As actuacións que teñan rematada a obra, deberán dispoñer un cartel publicitario de carácter permanente, de tamaño suficiente para que sexa perfectamente visible e lexible, no que conste claramente o título do proxecto e a denominación e a imaxe do Programa e que mencione a axuda económica outorgada pola Unión Europea incluíndo o logo da UE e o lema «Unha maneira de facer Europa», utilizando o seguinte modelo:
Pódense consultar os formularios da primeira e segunda convocatoria de ERRPs no apartado de normativa de rehabilitación

O 6 de outubro de 2022 o Concello de Vigo aprobou a declaración de 12 Contornos de Rehabilitación.
O 11 de maio de 2023 asinouse o acordo entre o Concello, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda urbana e posteriormente asináronse dúas Addendas que posibilitaron a apertura de novas convocatorias.
Casco Vello, Bouzas, Coia, Casas de Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque, Fenosa, A Salgueira, O Gorxal, Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas Públicas
Poderán ser beneficiarios os propietarios de edificios de vivendas ou de vivendas unifamiliares, as comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, as sociedades cooperativas, as empresas arrendatarias ou concesionarias do edificio, e as persoas físicas ou xurídicas que posúan un dereito real sobre o inmoble que lles permita acometer as actuacións, ou os inquilinos autorizados polo propietario.
As axudas máximas previstas están resumidas no seguinte cadro:
|
AXUDAS MÁXIMAS POR VIVENDA
|
SEN LIMITE DE INGRESOS FAMILIARES2*
|
INGRESOS FAMILIARES 2*
entre 17.640€ e 21.840€
|
INGRESOS FAMILIARES 2*
≤ 17.640€
|
|
|
VIVENDA EN EDIF. RESIDENCIAL
|
VIVENDA UNIFAMILIAR
|
VIVENDA EN EDIF. RESIDENCIAL
|
VIVENDA UNIFAMILIAR
|
|
Aforro enerxético 1*
|
Porcentaxe máxima orzamento
|
Contía máxima vivenda
|
Contía máxima locais/m²
|
Porcentaxe máxima orzamento
|
Contía máxima vivenda
|
Porcentaxe máxima orzamento
|
Contía máxima vivenda
|
Porcentaxe máxima orzamento
|
Contía máxima vivenda
|
Porcentaxe máxima orzamento
|
Contía máxima vivenda
|
|
Entre 30 % e 45 %
|
40 %
|
8.100 €
|
72 €
|
60 %
|
12.150
|
60 %
|
13.530,00
|
100 %
|
20.250
|
100 %
|
22.550,00
|
|
Entre 45 % e 60 %
|
65 %
|
14.500 €
|
130 €
|
75 %
|
16.731
|
75 %
|
18.404,10
|
100 %
|
22.308
|
100 %
|
24.538,80
|
|
+ 60 % aforro
|
80 %
|
21.400 €
|
192 €
|
90 %
|
24.075
|
90 %
|
26.482,50
|
100 %
|
26.750
|
100 %
|
29.425,00
|
1* O aforro no consumo enerxético mínimo é dun 30% e tamén se deberá acadar unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de alo menos un 25%.
2* Os ingresos ponderaranse de acordo coa composición da unidade familiar
Para atención presencial:
Recomendable solicitar cita previa no teléfono 986 220 758
Para calquera información adicional pode acceder a
http://hoxe.vigo.org/
Servizos que se prestan
- Asesoramento técnico, visitas técnicas, suxestións de intervención óptima nos inmobles, supervisión de orzamentos e facturas.
- Información de axudas dos distintos plans de vivenda.
- Información das axudas compatibles dentro dos ámbitos e liñas de financiamento:
- Conxuntos históricos,
- Patrimonio histórico municipal,
- Consorcio do Casco Vello,
- IDAE,INEGA, IGAPE, etc...
- Información aos técnicos encargados da redacción de proxectos de obras maiores
- Redacción de documentación técnica para a obtención de licenzas de obras menores.
- Seguimento de tramitación das licenzas solicitadas.
- Estreita colaboración cos propietarios e propietarias.
- Colaboración con servizos sociais en casos de insolvencia.
Delimitación das Áreas de Rehabilitación e dos ERRPs declarados no Concello de Vigo
Na cidade de Vigo están declaradas oito Áreas de Rehabilitación Integral, a do Casco Vello en 1997, en 2003 a do Barrio Histórico de Bouzas e en 2015 declaráronse as Areas de Rexeneración e Renovación Urbana do Grupo de Casas de Santa Clara e a de Bueu-Moaña en Coia, nestá última aprobouse unha ampliación en 2018 e por último, no ano 2021 declaráronse as Areas de Rehabilitación de Ámbitos Urbanos de Beiramar, San Roque, Espiñeiro-Teis e San Pablo.
O 06.10.2022 o Concello de Vigo aprobou a declaración de 12 Contornos Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP):
Casco Vello, Bouzas, Coia, Casas de Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque, Fenosa, A Salgueira, O Gorxal e Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas Públicas.
As delimitacións das ARIs xa declaradas coinciden coas dos novos ERRPs a excepción de Coia que se amplía.
Todas as delimitacións das ARIs e dos ERRPs do Concello pódense consultar nos seguintes enlaces:
Axudas nas ARIs Declaradas
- As incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE 61 de 10/03/2018), correspondentes coa Fase 19ª do Casco Vello, a Fase 14ª do Barrio histórico de Bouzas, a Fase 6ª das rúas Bueu-Moaña en Coia, Fase 5ª de Santa Clara e Fases 1ª de Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo e San Roque. Ditas actuacións deberán estar rematadas e xustificadas antes do 30 de setembro de 2028.
- As incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE 61 de 10/03/2018), correspondentes coa Fase 18ª do Casco Vello, a Fase 13ª do Barrio histórico de Bouzas, a Fase 5ª das rúas Bueu-Moaña en Coia e Fase 4ª de Santa Clara. Ditas actuacións están en proceso de selección e deberán estar rematadas e xustificadas antes do 31 de agosto de 2027
- As incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE 61 de 10/03/2018), correspondentes coa Fase 17ª do Casco Vello, a Fase 12ª do Barrio histórico de Bouzas, a Fase 4ª das rúas Bueu-Moaña en Coia e a Fase 3ª de Santa Clara. Ditas actuacións deberán estar rematadas e xustificadas antes do 31 de agosto de 2026.
- As incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE 61 de 10/03/2018), correspondentes coa Fase 16ª do Casco Vello, a Fase 11ª do Barrio histórico de Bouzas, a Fase 3ª das rúas Bueu-Moaña en Coia e a Fase 3ª de Santa Clara. Ditas actuacións deberán estar rematadas e xustificadas antes do 31 de agosto de 2025.
Outras axudas complementarias:
Neste apartado incorpóranse programas de axudas compatibles coas axudas nas ARIS e nos ERRPs.
- Resolución do 9 de outubro de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria da modalidade A da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento VI501A).
- Resolución do 17 de setembro de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria das modalidades B e C da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento VI501A).
- Orde e Extracto da Orde do 11 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT104B)
- Resolución e Extracto do 22 de abril de 2025 pola que se convoca o Programa de axudas ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).
- Axudas para a instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais existentes para o período 2024-2025
- Axudas para a iluminación de edificios históricos, correspondentes aos exercicios 2024-2025
- Resolución do 20 de outubro de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 17 de marzo de 2025 pola que se procede á convocatoria das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).
- Resolución e Extracto do 17 de marzo de 2025 pola que se procede á convocatoria das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).
- Bases e Convocatoria de subvencións para a concesión de axudas a vivendas baleiras para alugueiro a prezo taxado no concello de Vigo para 2025
- Resolución e Extracto do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).
- Resolución e Extracto do 22 de xuño de 2023 pola que se convocan para o ano 2023 as axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (código de procedemento VI400A).
- Axudas para a instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais existentes para o ano 2023.
- Axudas para a iluminación de edificios históricos, correspondente ao exercicio 2023.
- Resolución e Extracto do 12 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).
- Resolución e Extracto do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento IN421N e IN421P).
- Resolución e Extracto do 11 de maio de 2022 pola que se convocan, para a anualidade 2022, as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (código de procedemento VI406B).
Outras axudas
Neste apartado incorpóranse outros programas de axudas:
- Resolución e Extracto do 22 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento VI420A).
- Resolución e Extracto do 30 de decembro de 2024 pola que se convoca o Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra para o ano 2025 (código de procedemento VI408Q).
- Resolución e Extracto do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F).
- Resolución e Extracto do 18 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento VI420A).
- Resolución e Extracto do 27 de xuño de 2023 pola que se convocan para o ano 2023 as axudas para a adquisición de vivendas protexidas (código de procedemento VI420C).
- Resolución e Extracto do 12 e 13 de setembro de 2024 respectivamente, pola que se procede á convocatoria do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra para o ano 2024 (código de procedemento VI408Q). Será requisito necesario para poder solicitar a axuda estar en posesión da cualificación definitiva.
- Resolución e Extracto do 23 de outubro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 22 de marzo de 2022 pola que se acorda ampliar ata o 30 de xuño de 2025 o prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan de vivenda 2018-2021 (códigos de procedemento VI408F, VI408G, VI408L e VI408M), e pola que se regula o procedemento para participar no programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás citadas áreas de rehabilitación integral e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento VI408O, VI408P e VI408Q).